Ao longo do mes de maio, o alumnado de Educación Infantil puido gozar, en directo, do nacemento duns pitiños no colexio.
Tras 21 días de incubación, con moita ilusión e excitación atopámonos con que un ovo comezou a moverse como por encantamento.
Aos poucos, un pequeno pitiño foi abríndose paso a través do cascarón e, tras moito esforzo, o ovo acabou por eclosionar, dando saída ao pitiño que, pequeno, canso e mollado, durante un par de horas deleitáranos coa súa piar desde o interior.
Os alumnos/as puideron ver, con tenrura e emoción, como os pitiños ían saíndo do seu cascarón e como, en tan só un par de días, ían crecendo e poñíanse moi bonitos.