PAGO TELEMÁTICO DO COMEDOR A TRAVÉS DA PLATAFORMA ABALAR
Prezadas familias;
Este mes será o último que enviemos os recibos de pagamento do comedor polo alumnado. A partir de este mes (recibo de marzo incluído), xa estará habilitado o pagamento a través do ESPAZO ABALAR aínda que todavía levarán o recibo.
Deixamos o manual das familias para proceder ao pago a través desta plataforma. Non é posible facelo a través da App. Móvil de Abalar, senón que ten que ser dende o portal educativo e dende alí acceder ao servizo ESPAZO ABALAR (require certificado electrónico ou chave 365).
GUÍA PARA AS FAMILIAS: SERVIZOS EDUCATIVOS
*Importante; unha vez accedades á pasarela de pago é necesario pechar todas as pestanas para completar o proceso.