Skip to Content

Secretaría

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022

APERTURA DE PROCESO ELECTORAL PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

 NOS ARQUIVOS ADXUNTOS  PODEN CONSULTAR OS RESULTADOS DAS VOTACIÓNS DOS DIFERENTES SECTORES E A ACTA DE PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS ELIXIDAS

 

 

 

 

 

Ponse en coñecemento da Comunidade Educativa que, en cumprimento do establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG, xoves 30 de setembro do 2022) en virtude da lexislación vixente, ábrese un proceso electoral para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar deste centro.

 

Este ano corresponde renovar 2 representantes do profesorado, 2 das familias e 1 do persoal non docente.

 A organización e supervisión do proceso correspóndelle á Xunta Electoral.

 

O VENRES 28 DE OUTUBRO, ás 13 horas, na Biblioteca do centro, terá lugar este SORTEO PÚBLICO para elixir os compoñentes da XUNTA ELECTORAL:

  1 representante do profesorado, 1 das familias e 1 do persoal non docente.

 A Xunta Electoral constituirase o martes 8 de novembro ás 13 horas.

 

NOS ARQUIVO ADXUNTO PODEN CONSULTAR O CALENDARIO DE ACTUACIÓNS, E O MODELO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA AS FAMILIAS

 

 

 

MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR

Estimadas familias:

Adxuntamos a MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR para que a poidades consultar.

 

O equipo.

ADMISIÓN CURSO 2022-23

Estimadas familias:

Queremos informarvos que todo o alumnado que presentou solicitude de admisión para o curso 2022-23 foi admitido.

Podedes consultar as listaxes defintiivas no taboleiro de anuncios do centro ou a través de aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se considerará válido ningún outro medio electrónico de publicación.

Recordade que tedes que formalizar a matrícula na secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño de 2022.

Os impresos de matrícula poderanse recoller na secretaría o poderán ser descargados da páxina web do centro en xuño.

Un saúdo

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

Estimadas familias:

Do 1 ao 21 de marzo ábrese o prazo para a solicitude de admisión de novo alumnado para o curso 2022-23.

Podedes descargar a solicitude de admisión neste enlace (Modelo ED550B) , na secretaría do centro e na páxina da Consellería de Educación.

Poderán presentarse presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación "admisiónalumnado" con usuario de Chave 365 ou  con certificado dixital .

DOCUMENTACIÓN

«O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b) Copia do documento acreditativo do requisito de idade do alumnado. ( D.N.I., pasaporte ou Libro de Familia)

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo (certificado de matrícula do centro de orixe). Non será necesario para o alumnado de 4º de E. Infantil.

d) No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial».

 

A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos/as proxenitores/as, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

Se tedes calquera dúbida, podedes consultar en secretaría (tfno: 886 120 191)

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut