Skip to Content

Novas instruccións permanencia nos centros

Estimadas familias. 

Sairon publicadas novas instruccións sobre a permanencia dos membros do equipo directivo nos centros. (clica para ver completa)

A partires do luns permanecerá polo tempo imprescindible un membro do equipò directivo, polo que fixaremos como tempo de comezo as 10 horas. O ideal sería poder coordinarse e que no centro non tivera que estar por estar ninguén, xa que non se está a facer limpeza dos espazos nin dos puntos onde estamos a tocar como son chaves da luz, pomos das portas, ...

Por elo facemos fincapé en que se chame previamente ao 881866795, e saber quen vai vir ao centro, tentando que non coincidamos máis dos imprescindibles no centro.

Parece que o confinamento vai para longo, polo que, en especial aquelas familias que non dispoñen de internet e impresora na casa, sería boa idea que entre o luns e martes organizásemos a recollida dos libros de texto para tentar poder facer algo o alumnado nas casas.

Salientar que non sabemos ata que punto está xustificado o desprazamento a un centro educativo no caso de que nos paren os corpos de seguridade do estado, polo que estaría ben aproveitar o desprazamento ao super ou á farmacia para acercarse a recoller o material.

Evitemos en todo caso os desprazamentos innecesarios. Non sabemos aínda como artellará a Consellería esta crise a nivel de traballo, pois entendemos que algo tan xenérico como o traballo a través das TICs non chega a todos vós, pero para iso estaremos á vosa disposición. Cada familia pode mandar un mail de contacto e enviarémosllo a cada titoría.

Ánimo



page | by Dr. Radut