Skip to Content

Vida Activa e Deportiva

Xogando co atletismo

O martes 27 e o mércores 28 de febreiro tivemos estas xornadas celebráronse no campo de fútbol “A Beronza” de Ribadavia. Tivemos un total de 8 participantes na categoría de alevín (martes) e de 9 participantes na categoría de benxamín (mércores). As probas que se levaron a cabo foron: carreira de 10x10, lanzamento de vórtex, saltos laterais, lanzamento de balón medicinal, triplo salto e carreira de relevos.

 

CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

O xoves 16 de novembro tivo lugar na Beronza, Ribadavia o 

CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

Participamos nas categorías de infantil, alevín e benxamín, con un total de 20 participantes. Estes acadaron un total de 2 medallas (primeiro posto na categoría de infantil masculino e segundo posto en alevín feminino).

CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

O xoves 16 de novembro tivo lugar na Beronza, Ribadavia o 

CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

Participamos nas categorías de infantil, alevín e benxamín, con un total de 20 participantes. Estes acadaron un total de 2 medallas (primeiro posto na categoría de infantil masculino e segundo posto en alevín feminino).

XOGOS DE ORIENTACIÓN

mércores 8 de maio nesta xornada participou todo o alumnado da etapa de primaria dividido en diferentes categorías (un total de 22 alumnos e alumnas). As categorías 2011-12, 2013, 2014 e 2015, participaron nunha carreira de orientación que se desenvolveu no parque situado fora do campo de fútbol e que finalizou nun labirinto dentro do campo de fútbol. En canto ás categorías máis pequenas, estas levaron a cabo tres xogos de orientación, de memoria e de localización de balizas (todos eles desenvolvidos dentro do campo de fútbol).

ANDAINA DAS “LETRAS GALEGAS”

xoves 23 de maio aproveitando a celebración da “Semana das Letras Galegas”, levouse a cabo unha andaina pola localidade para repartir mensaxes en defensa do idioma galego. Esta tivo que aprazarse unha semana por motivo das inclemencias meteorolóxicas.

Balonmán en Ribadavia

No torneo internacional de Balonmán en Ribadavia  

(xoves 14 de marzo): nesta xornada participou todo o alumnado da etapa de primaria. Ademais de poder ver parte dun adestramento da selección española de balonmán júnior, tamén puideron interactuar cos xogadores en diferentes xogos, así como solicitar autógrafos. O centro, pola súa participación nesta xornada de convivencia, recibiu unha donación de 10 balóns de balonmán.

 

 

Entroido 2024

Aqui tedes o video do ENTROIDO 2023, este ano o dedicamos ao noso proxecto

A VOLTA AO MUNDO

Distribuir contido


by Dr. Radut