Skip to Content

Videos

Día da Muller

En colaboración coa Mancomunidade do Ribeiro como cada ano traballamos o Día da Muller, aqui tedes o resultdo do noso obradoiro

MEDRA EN IGUALDADE

 

 

Na Biblioteca de Cenlle

Como cada ano dende a BIBLIOTECA DE CENLLE nos invitaron a desfrutar dun conta conto e despois participamos no concurso do Día das Letras Galegas no que o alumnado de infantil e primaria recibiron os seus super premios. GRAZAS!!!!

Lectura na Biblioteca no cole

Aqui tedes o alumnado máis maior de cole lendo aos máis peques na

Bilioteca do CEIP Carmen García Carrasco

 

Xogando co atletismo

O martes 27 e o mércores 28 de febreiro tivemos estas xornadas celebráronse no campo de fútbol “A Beronza” de Ribadavia. Tivemos un total de 8 participantes na categoría de alevín (martes) e de 9 participantes na categoría de benxamín (mércores). As probas que se levaron a cabo foron: carreira de 10x10, lanzamento de vórtex, saltos laterais, lanzamento de balón medicinal, triplo salto e carreira de relevos.

 

PILABOT

Un ano máis somos gañadores do concurso de PILABOT 

grazas a todo o alumnado e as familias colaboradoras

 

 

 

ANUNCION NA REGION FAI CLIC AQUI

 https://www.laregion.es/articulo/o-ribeiro/el-colegio-dew/202406071000001301540.html

XOGOS DE ORIENTACIÓN

mércores 8 de maio nesta xornada participou todo o alumnado da etapa de primaria dividido en diferentes categorías (un total de 22 alumnos e alumnas). As categorías 2011-12, 2013, 2014 e 2015, participaron nunha carreira de orientación que se desenvolveu no parque situado fora do campo de fútbol e que finalizou nun labirinto dentro do campo de fútbol. En canto ás categorías máis pequenas, estas levaron a cabo tres xogos de orientación, de memoria e de localización de balizas (todos eles desenvolvidos dentro do campo de fútbol).

ANDAINA DAS “LETRAS GALEGAS”

xoves 23 de maio aproveitando a celebración da “Semana das Letras Galegas”, levouse a cabo unha andaina pola localidade para repartir mensaxes en defensa do idioma galego. Esta tivo que aprazarse unha semana por motivo das inclemencias meteorolóxicas.

Balonmán en Ribadavia

No torneo internacional de Balonmán en Ribadavia  

(xoves 14 de marzo): nesta xornada participou todo o alumnado da etapa de primaria. Ademais de poder ver parte dun adestramento da selección española de balonmán júnior, tamén puideron interactuar cos xogadores en diferentes xogos, así como solicitar autógrafos. O centro, pola súa participación nesta xornada de convivencia, recibiu unha donación de 10 balóns de balonmán.

 

 

Creando en 3D

Esta vez nos tocó crear figuras en 3D con el material de POLOS CREATIVOS

Día do libro

Seguimos traballanco con Tinkercad, esta vez fixemos un concurso para elexir o marcapáxinas para o día do libro

 

Distribuir contido


by Dr. Radut