Skip to Content

Vida Activa e Deportiva PVDA

Xogando co atletismo

O martes 27 e o mércores 28 de febreiro tivemos estas xornadas celebráronse no campo de fútbol “A Beronza” de Ribadavia. Tivemos un total de 8 participantes na categoría de alevín (martes) e de 9 participantes na categoría de benxamín (mércores). As probas que se levaron a cabo foron: carreira de 10x10, lanzamento de vórtex, saltos laterais, lanzamento de balón medicinal, triplo salto e carreira de relevos.

 

CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

O xoves 16 de novembro tivo lugar na Beronza, Ribadavia o 

CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

Participamos nas categorías de infantil, alevín e benxamín, con un total de 20 participantes. Estes acadaron un total de 2 medallas (primeiro posto na categoría de infantil masculino e segundo posto en alevín feminino).

XOGOS DE ORIENTACIÓN

mércores 8 de maio nesta xornada participou todo o alumnado da etapa de primaria dividido en diferentes categorías (un total de 22 alumnos e alumnas). As categorías 2011-12, 2013, 2014 e 2015, participaron nunha carreira de orientación que se desenvolveu no parque situado fora do campo de fútbol e que finalizou nun labirinto dentro do campo de fútbol. En canto ás categorías máis pequenas, estas levaron a cabo tres xogos de orientación, de memoria e de localización de balizas (todos eles desenvolvidos dentro do campo de fútbol).

ANDAINA DAS “LETRAS GALEGAS”

xoves 23 de maio aproveitando a celebración da “Semana das Letras Galegas”, levouse a cabo unha andaina pola localidade para repartir mensaxes en defensa do idioma galego. Esta tivo que aprazarse unha semana por motivo das inclemencias meteorolóxicas.

Balonmán en Ribadavia

No torneo internacional de Balonmán en Ribadavia  

(xoves 14 de marzo): nesta xornada participou todo o alumnado da etapa de primaria. Ademais de poder ver parte dun adestramento da selección española de balonmán júnior, tamén puideron interactuar cos xogadores en diferentes xogos, así como solicitar autógrafos. O centro, pola súa participación nesta xornada de convivencia, recibiu unha donación de 10 balóns de balonmán.

 

 

Saída de Inverno

NA PISTA DE XEO DE OURENSE
Como cada ano este mércores vistamos á pista de xeo en Ourense... Os deixamos o vídeo, aínda que é algo longo pero entre tantas de risas, caídas e diversión foi complicado reducir a súa duración

Multideporte

O día 25 de outubro acudimos ao pabillón de Ribadavia para participar na 1ª xornada do multideporte. Enfrontámonos ao alumnado do colexio de Carballeda de Avia en distintos xogos e deportes: brilé, minibásket, minibalonmán, e minivolei. Foi unha xornada de convivencia na que o resultado non era o importante senon facer exercicio físico e disfrutar coa actividade polideportiva. Pasámolo moi ben!!! Así que repetiremos a experiencia.

Dia Europeo del Deporte Escolar en Cenlle 2023

O pasado 29 setembro celebrouse a Semana Europea do Deporte de forma simultánea en todos os países da Unión Europea e dende o Cole nos unimos a esta iniciativa

 

Os deixamos dous videos nos que corrimos, xogamos, bailamos para promocionar a actividade física

 

 

 

 

 

Excursión fin de curso

Os deixamos disfrutar dos momentos vividos na excursión de fin de curso do 2023, visitamos as instalacións de Terraventura en Vigo e a prai de Samil

 

 

Pista de Xeo e Visita ás termas de Ourense

Aqui estamos visitando as termas de Ourense, despois recorrimos as beiras do Miño e as rúas da cidade no Tren, para chegar a un parque e divertirnos todos xuntos e para terminar o día nos acercamos ao centro comercial PonteVella e ali probamos a Pista de Xeo

Distribuir contido


by Dr. Radut