Skip to Content

Alimentate Ben

Excursión TI SI QUE ES UN BO PEIXE

 

A  Cetaría López Novoa é un viveiro de marisco de auga climatizada na que hai todo tipo de marisco da ría de Vigo e logo visitamos a empresa de Frigoríficos de Vigo que se dedican á fabricación e venta de xeo de escama.

 

Visita ao submarino Nautilus que esta dotado de cámaras de gravación submarina 24 horas ao día, ye permite contemplar tanto a flora como a fauna que rodea o litoral portuario e despois tivemos un catering mariñeiro

 

O Noso Horto

Esta vez dende a Biblioteca e dende o Plan Proxecta nos dedicamos a traballar no noso pequeno horto, aqui nos tedes limpando as malas herbas

 

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

É un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia entre as nenas e nenos de nosa comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.

O programa ten dúas liñas de acción. Por unha banda un obradoiro que vai percorrendo centros de nosa comunidade con diferentes actividades que dan a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar. E por outro lado, excursións a distintas localizacións mariñeiras onde coñecen de primeira man este marabilloso mundo do mar e poden degustar algúns de ditos productos.

Aliméntate ben en Cenlle

"Aliméntate ben" quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado.

fai un clic o teu bocata

Como cada ano participamos unha vez máis no proxecto FAI UN CLIC O TEU BOCATA no que aprendimos os diferentes tipos de peixes que usamos para facer o noso bocata, xogamos e por suposto tamén comimos o noso bocata

Ti si que es un bo peixe en CENLLE

É un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa Comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.

Semana da Saúde 2022

Cenlle Semana da saúde Luns 4 de abril

Esta semana  a dedicamos a comer san, o luns o alumnado tiña que traer da casa unha merenda sa e despois comezamos a preparar uns adornos para o comedor do cole

 

Cenlle Semana da saúde martes 5 de abril

O martes o dedicamos á froita a nosa merenda estaba chea de plátanos, amorodos, kiwis, uvas e máis froitas

 

Cenlle Semana da saúde Mércores 6 de abril. Hoxe a nosa merenda forn uns incribles bocadillos con leituga, tomate, pavo, queixo e atún. Un éxito total!!

 

Cenlle Semana da saúde Xoves 7 de abril,

E chegamos ao xoves con unha merenda a base de iogur e froitos secos unha combinación perfecta que aos nenos e nenas lles encanto!!

 

Cenlle Semana da saúde venres 8 de abril,

Y chegou o último día da nosa semana da saúde, hoxe tocounos un batido de froita, que algúns lles gusto e a outros non tanto!!!

E aos que superaron o reto de comer san toda a semana foron premiados cunha pelota e unha comba, para completar a boa alimentación cunha vida san chea de deporte!!

Distribuir contido


by Dr. Radut