ACTIVIDADES POLA IGUALDADE
Achégase o 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e...
Dende o cole queremos informar dunha serie de actividades, organizadas pola ANPA, que se van realizar no colexio para achegarse a toda a comunidade educativa. Celebraranse os días 20 e 29 de novembro.
O alumnado participará nunha charla de igualdade en horario escolar. Pero para as familias tamén hai!
Para comezar, mañá, mércores 20, a partir das 17:00, poderedes gozar en familia dunha tarde divertida cun escape-room e xincana de corresponsabilidade!
Ademais, o venres 29, ás 17:00, estades convidados/as a unha charla para familias sobre "novas masculinidades", da man de Ana Costas, Técnica de Igualdade.
Esperamos a vosa participación!