Skip to Content

blogue deadmin

INFORMACIÓN COMEZO DE CURSO 24-25

 

Estimadas familias,

Por motivos informáticos e alleos á nosa vontade, nestes momentos non temos acceso ao sistema informático de Xestión Administrativa da Educación (XADE) nin todo o que elo implica (non hai acceso ao entorno Abalar para familias nin profesorado do propio centro).

Información de interese para as familias para o comezo de curso:

  • Horario do mes de setembro:
    • Clases: de 9:40 a 14:25
    • Comedor: 14:25 a 15:15 (o comedor comezará xa o mércores 11 de setembro).
  • Transporte: comeza dendo o mércores 11 de setembro, nas paradas que tedes solicitadas dende o curso pasado.
  • Organización de grupos. Funcionarán 3 agrupamentos:
    • Ed. Infantil (5º e 6º de infantil).
    • Ed. Primaria: 1º-2º-3º
    • Ed. Primaria: 4º-5º-6º

O alumnado coñecerá aos seus titores/as o primeiro día.

  • Material escolar: dende o centro estamos comprometidos co aforro de material, a reciclaxe e o gasto económico que sabemos que supón para as familias.

Por ese motivo, solicitamos que para os primeiros días o alumnado traia unicamente unha libreta do ano pasado (ou calquera que teña na casa), así como un estoxo con material que xa teñan na casa (con lapis, goma, bolígrafo azul -no caso de alumnado de 5º e 6º- e pinturas usadas). Outro material que necesiten, terémolo no propio centro.

Nos primeiros días de curso, cada titor dará un listado personalizado de material a cada alumno/a.

  • Listado de libros: o listado de libros daráselle persoalmente a cada alumno durante os primeiros días de curso.

 

Para calquera dúbida, podedes contactar co centro a través do teléfono: 988.40.40.56

 

Atentamente,

 

Xoel Liñares Monteagudo

Director.

Distribuir contido


by Dr. Radut