A Cetaría López Novoa é un viveiro de marisco de auga climatizada na que hai todo tipo de marisco da ría de Vigo e logo visitamos a empresa de Frigoríficos de Vigo que se dedican á fabricación e venta de xeo de escama.
Visita ao submarino Nautilus que esta dotado de cámaras de gravación submarina 24 horas ao día, ye permite contemplar tanto a flora como a fauna que rodea o litoral portuario e despois tivemos un catering mariñeiro
É un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia entre as nenas e nenos de nosa comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.
O programa ten dúas liñas de acción. Por unha banda un obradoiro que vai percorrendo centros de nosa comunidade con diferentes actividades que dan a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar. E por outro lado, excursións a distintas localizacións mariñeiras onde coñecen de primeira man este marabilloso mundo do mar e poden degustar algúns de ditos productos.
"Aliméntate ben" quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado.
Alumnos e profesores do colexio Carmen García Carrasco de Cenlle, desfrutaron dunha xornada de ocio e deporte cunha visita ás Ribeiras do Río Miño o seu paso por Cenlle, dende Laias a Barbantes.
Comenza a xornada cunha visita ás instalacións das que dispoñe o Centro de Entrenamento de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño no Hotel Balneario de Laias Cadaria, onde foron recibidos polos Técnicos de Piragüismo Ourense, Pablo Atrio e Javier Chao e pola entrenadora e responsable Técnica del Cerlac, Susana Lusquiños, que explicaron as diversas modalidades que se poden practicar no mundo do piragüismo.
Pero o momento máis esperado foi cando entraron na auga!!!
Dentro do programa XOGADEda Xunta de Galicia, organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes, celebrouse nas instalación do Complexo O Xestal e Área Recreativa A Veronza o martes 29 a carreira de Campo a través na que esta vez tivemos moitos gañadores,
Como cada ano participamos unha vez máis no proxecto FAI UN CLIC O TEU BOCATA no que aprendimos os diferentes tipos de peixes que usamos para facer o noso bocata, xogamos e por suposto tamén comimos o noso bocata
Agora xa fixemos a nosa aportación a "La Vuelta Al Cole de Unoentrecienmil" que é unha carreira solidaria que se organiza nos coles dende fai sete años. O seu propósito é sensibilizar e recadar fondos para lograr a cura da leucemia infantil.
¡ÚNETE AO MAIOR MOVEMENTO ESCOLAR CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL!
O Consello da Cultura Galega é unha institución estatutaria creada polo Estatuto de Autonomía de Galicia para promover e difundir a lingua e a cultura galega e asesorar ás Administracións neses ámbitos
Aqui os deixamos un montón de xogos populares, que algun deles xa os xogaremos o próximo mércores no cole!!!