O martes 27 e o mércores 28 de febreiro tivemos estas xornadas celebráronse no campo de fútbol “A Beronza” de Ribadavia. Tivemos un total de 8 participantes na categoría de alevín (martes) e de 9 participantes na categoría de benxamín (mércores). As probas que se levaron a cabo foron: carreira de 10x10, lanzamento de vórtex, saltos laterais, lanzamento de balón medicinal, triplo salto e carreira de relevos.
O mércores 8 de maio nesta xornada participou todo o alumnado da etapa de primaria dividido en diferentes categorías (un total de 22 alumnos e alumnas). As categorías 2011-12, 2013, 2014 e 2015, participaron nunha carreira de orientación que se desenvolveu no parque situado fora do campo de fútbol e que finalizou nun labirinto dentro do campo de fútbol. En canto ás categorías máis pequenas, estas levaron a cabo tres xogos de orientación, de memoria e de localización de balizas (todos eles desenvolvidos dentro do campo de fútbol).
O xoves 23 de maio aproveitando a celebración da “Semana das Letras Galegas”, levouse a cabo unha andaina pola localidade para repartir mensaxes en defensa do idioma galego. Esta tivo que aprazarse unha semana por motivo das inclemencias meteorolóxicas.
(xoves 14 de marzo): nesta xornada participou todo o alumnado da etapa de primaria. Ademais de poder ver parte dun adestramento da selección española de balonmán júnior, tamén puideron interactuar cos xogadores en diferentes xogos, así como solicitar autógrafos. O centro, pola súa participación nesta xornada de convivencia, recibiu unha donación de 10 balóns de balonmán.