Skip to Content

Participamos en...

PILABOT, Concurso de recollida de pilas e acumuladores en centros escolares

Concurso de recollida de pilas e

acumuladores en centros escolares

 

Este ano Volvemos a participar  no concurso PILABOT que desenvolverase no curso escolar 2023-2024, entre os meses de xaneiro e abril.

 

  NOTICIA DE PRENSA

 

Cenlle (Ourense), 7 de novembro de 2023.- A Xunta de Galicia, coa colaboración e apoio dos xestores de pilas autorizados en Galicia Ecopilas, ERP e Ecolec, impulsan un ano máis a campaña escolar Pilabot, unha iniciativa para promover a concienciación das novas xeracións sobre a reciclaxe e que terá como actividade principal un concurso de recollida de pilas, acumuladores e baterías usadas entre o alumnado de todos os colexios de primaria e secundaria participantes.

Durante unha visita ao CEIP Carmen García Carrasco, en Cenlle, un dos centros educativos que participou nas catro edicións anteriores, resultando gañador na categoría de quilos totais recollidos por alumno no curso 2022-2023, a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, subliñou que grazas ao esforzo realizado polos escolares dos 150 centros inscritos na pasada edición se reciclaron máis de 46 toneladas de pilas, un dos residuos domésticos máis perigosos e altamente contaminantes.

 

QUINTA EDICIÓN DO CONCURSO 

 

Esperamos contar coa vosa colaboración

 

Día da Discapacidade 2023

En colaboración coa Residencia de Santa Cruz, celebramos o Día da Discapacidade que se celebrou o pasado 3 de decembro do 2023

Dende a Residencia de Santa Cruz nos prepararon un vídeo e un cartel e dende o cole tamén fixemos o mesmo, os deixamos o vídeo que lles mandamos no que podedes ver toda a elaboración do noso cartel do Dia da Discapacidade.

 

Grazas por compartir o voso traballo cos nenos e nenas do cole!!!

Os primeiros días de cole

Pilabot

Pilabot

Halloween

Distribuir contido


by Dr. Radut