Este venres 16 de xuño estivemos en Santiago de Compostela en MUPEGA na entrega de premios de PILABOT recollendo o noso 1º premio na recollida de pilas, un orgullo recibir o primeiro premio e poder contar co apoio de todas as familias e con todo o pobo de Cenlle, GRAZAS
Polo Correo do Vento é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.
A Cetaría López Novoa é un viveiro de marisco de auga climatizada na que hai todo tipo de marisco da ría de Vigo e logo visitamos a empresa de Frigoríficos de Vigo que se dedican á fabricación e venta de xeo de escama.
Visita ao submarino Nautilus que esta dotado de cámaras de gravación submarina 24 horas ao día, ye permite contemplar tanto a flora como a fauna que rodea o litoral portuario e despois tivemos un catering mariñeiro
Un gran evento de promoción das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas en Galicia Trátase dunha excelente ocasión para coñecer o potencial das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que se ofrecen en Galicia, xa que se contará con material expositivo e actividades interactivas de: arte dramática, artes plásticas e deseño, conservación e restauración de bens culturais, danza, ensinanzas deportivas, idiomas e música. Haberá tamén concertos, conferencias e espectáculos escénicos