Skip to Content

Benvida

Benvidos á páxina web do 

CEIP Carmen García Carrasco 

 

MAGOSTO!

O pasado venres 15 de novembro celebramos o Magosto no cole de Cenlle.

Para comezar, gozamos dunha gran variedade de xogos populares por equipos!

Tras un gran rato de diversión, chegou o momento de pintar as caras coas cinzas e mover os esqueletos ao ritmo da música...

Despois, chupamos os dedos coa comida especial: bolo preñado e empanada!! Sen esquecernos das castañas asadas, claro!!

Aquí deixamos un vídeo resumo...

Ata o ano que vén, Magostiño!!

 

O NOSO ÁLBUM DA IGUALDADE!

Hoxe compartimos convosco o álbum no que recompilamos fotos de diferentes actividades realizadas no centro para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (celebrado o 25 de novembro): dende charlas e debates, bailes, contacontos, pasando por xogos e debuxos, e ata un mural deseñado no patio!! Todo iso relacionado coa temática e coa Igualdade de Xénero.

Neste álbum continuaremos engadindo fotos.

 

Álbum: CURSO 2024-2025 -> DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER (25 NOVEMBRO)

ACTIVIDADES POLA IGUALDADE

Achégase o 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e...

Dende o cole queremos informar dunha serie de actividades, organizadas pola ANPA, que se van realizar no colexio para achegarse a toda a comunidade educativa. Celebraranse os días 20 e 29 de novembro.

O alumnado participará nunha charla de igualdade en horario escolar. Pero para as familias tamén hai!

Para comezar, mañá, mércores 20, a partir das 17:00, poderedes gozar en familia dunha tarde divertida cun escape-room e xincana de corresponsabilidade!

Ademais, o venres 29, ás 17:00, estades convidados/as a unha charla para familias sobre "novas masculinidades", da man de Ana Costas, Técnica de Igualdade.

Esperamos a vosa participación!

 

 

DEBUXOS E CARTAS RUMBO A VALENCIA!

Esta semana, despois da catástrofe acontecida en Valencia, no cole de Cenlle, por iniciativa da nai que organizou unha recolecta de donacións no campo de fútbol, os nen@s fixeron uns debuxos e cartas con mensaxes de ánimo e cariño para enviar no tráiler (xunto co resto de produtos).

Cada nen@ acompañou o seu bonito debuxo con algunha frase que lle gustaría transmitir ás persoas que tan mal o están a pasar. Incluso practicamos idiomas, escribindo en castelán, galego, inglés e, por suposto, aprendendo tamén valenciano! (manexando o tradutor).

Agardamos que o noso gran de area sirva de axuda e saque uns sorrisos tanto a cativ@s como a maiores valencianos, mandándolles todas as nosas forzas e amor dende Cenlle!!

Premede na foto para ampliar e ver ben que gran traballo fixemos fomentando a empatía, o apoio e a solidariedade!

 

Álbum: CURSO 2024-2025 -> MENSAXES PARA VALENCIA

GOZANDO DO CROS EN RIBADAVIA! (6 novembro)

O mércores 6 de novembro, o alumnado dende 2º a 6º de Primaria participou no cros da Veronza (campo de fútbol de Ribadavia), organizado por XOGADE.

Velaquí vos deixamos un breve resumo do ben que o pasaron os nenos e nenas participantes e do ben que o fixeron!! Sen dúbida, quedaron sen folgos!!

Noraboa a tod@s!! Sodes uns campeóns e campioas só por ter participado nesta carreira tan difícil e dura!

E lembrade... non vos desanimedes! Para o ano, máis e mellor.

 

VISITA Á BIBLIOTECA DE CENLLE (24 outubro)

O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas e visitamos a Biblioteca Municipal de Cenlle para coller libros de préstamo e, ademais, asistir a un contacontos moi divertido!!

Titulábase "O Rato e a Lúa"... da compañía teatral infantil que fomenta a lectura desde 1992 "Os Ratos de Lonxedetodo" (Trinketrinke teatro).

Aquí vos deixamos algúns dos momentos que inmortalizamos. Sen dúbida, pasámolo todos (nen@as e profes) XENIAL!! Rimos, cantamos, e ata bailamos co rato e o seu acordeón!!

Álbum: CURSO 2024-2025 -> VISITA DÍA DAS BIBLIOTECAS

VÍDEO SAÍDA A EXPOURENSE (10 outubro)

Hoxe traemos un vídeo no que recompilamos momentos de máxima diversión para recordar sobre a saída que fixemos a Expourense o día 10 de outubro, á actividade FUNTASTIK-NO LIMITS.

 

MENÚ COMEDOR NOVEMBRO

Despois desta ponte de 4 días na que mudamos de outubro a novembro... Hoxe compartimos convosco o menú deste mes, no cal teremos diversas celebracións e conmemoracións. Preparados/as para empezar a desfrutar del mañá, rapazas e rapaces? 

 

Menú comedor Novembro

DOCU-SAMAÍN 2024

 

Como o prometido é débeda... Hoxe toca compartir con todas as familias a "nosa propia película de medo"!!! Si, si... estades lendo ben.

 

Hoxe traémosvos o docu-Samaín... Unha vídeo-montaxe a modo de resumo do que foi o Samaín/Halloween no CEIP Carmen García Carrasco neste curso 2024-2025.

 

Tomade asento e a desfrutar!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut