De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, comunicase o seguinte:
- O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
- Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Cidade de Antioquía. ANEXO I (ED550A).
- O alumnado de 6º de Primaria que pretenda continuar estudos no instituto adscrito a este centro, IES Cidade de Antioquía, deberá presentar na Secretaría do CEIP Carlos Casares ou a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A). No caso de realizar a solicitude a través da aplicación deberá presentarse o código da solicitude e o DNI do representante do alumno/a neste centro ou imprimir o documento que xere a aplicación.
* Os alumnos e alumnas que non vaian continuar os seus estudos de secundaria no centro adscrito (IES Cidade de Antioquía), terán que presentar solicitude de admisión no centro que desexen do 1 ao 20 de marzo.
- Solicitude de admisión. O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, e o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, presentará a solicitude mediante o ANEXO II xunto coa documentación solicitada polo centro.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Cada alumna e alumno só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle, sendo nulas todas as solicitudes que se presenten en dous ou máis centros.
O alumnado xa matriculado ten garantía de permanencia no centro. No caso de presentar unha solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
A solicitude deberá ser asinada pola proxenitora, proxenitor ou representantes legais do alumnado. No caso de separación ou divorcio, os dous proxenitores ou titores asinarán a presente solicitude, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para a súa comprobación polo centro educativo.
As familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o anexo II :
- De forma presencial no centro docente.
- A través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). No caso de realizar a solicitude a través da aplicación deberá presentarse o código da solicitude e o DNI do representante do alumno/a neste centro ou imprimir o documento que xere a aplicación.
- Formalización de matrícula. Unha vez admitido, formalizar a matrícula mediante o ANEXO III-1 xunto co resto de documentación solicitado polo centro.
- Documentación solicitada polo centro:
Punto complementaria en caso de desempate
Ver calendario do proceso e prazos.
Aquí poden descargarse os formularios de solicitudes e a normativa aplicable:
- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)
- Modificación da Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)
- Anexo I: Reserva de praza
- Anexo II: Formularios de admisión
- Anexo III-1:Formulario de matrícula
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
- TRANSPORTE
- COMEDOR
- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (ANPA)
Para calquera consulta póñanse en contacto coa secretaria do centro.