Skip to Content

CIRCULAR. MES DE DECEMBRO

 

  • O período de vacacións de Nadal: desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive. As clases darán comezo o 9 de xaneiro.
  • O día 20 de decembro, martes, celebrarase o Festival de Nadal para os pais/nais/representades legais do alumnado de educación infantil e primaria. O venres 16 enviarase información detallada sobre a hora de comezo e o correspondente programa.
  • O centro educativo CEIP Carlos Casares quere dinamizar unha acción orientada á axuda social para as familias do concello con dificultades económicas. Por isto, pon en marcha a II Campaña de recollida de alimentos  “Algo +”, buscando o que cada persoa voluntariamente poida contribuír.  Agradécese que non sexan perecedoiros e teñan data de caducidade de longa duración.
    • Esta campaña está temporalizada para que o reparto coincida en datas cercanas ao Nadal, polo que o día 20 colocaranse caixas na entrada do ximnasio para que as familias poidan depositar os alimentos.
  • Así mesmo, coa mesma finalidade damos comezo a unha Campaña de recollida de xoguetes que estean en “bo uso” para repartir nesta época de Nadal xunto cos alimentos recollidos o día 20. A partir do luns, 12 de decembro, estarán dispoñibles caixas na entrada do centro para deposito dos xoguetes.

• O día 21 de decembro, entregarase o boletín  de notas ao alumnado. 

 



page | by Dr. Radut