You are hereCONSELLO ESCOLAR.
CONSELLO ESCOLAR.
CENSO ELECTORAL
Expoñense a día de hoxe o censo dos distintos sectores educativos no taboleiro de anuncions do interior do centro.
RECLAMACIÓN DO CENSO DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO
De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de elección de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, a XUNTA ELECTORAL desde Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO.
De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pais/nais, dun total de cinco que deber ter o Consello Escolar. Os outros tres representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección.
As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta electoral dende o 25 de outubro ao 6 de novembro ás 14:00h