You are hereCALENDARIO PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO SOSTIDO CON FONDOS PUBLICOS.
CALENDARIO PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO SOSTIDO CON FONDOS PUBLICOS.
Procedemento ED550A.
RESERVA DE PRAZA en centro docente sostido con fondos públicos.(SOAMENTE E VÁLIDO PARA A RESERVA NO IES EDUARDO PONDAL)
Prazo
15/01/2024 - 05/02/2024
O prazo de presentación de solicitudes de reserva (ED550A) comprende entre os días 15 de xaneiro e 5 de febreiro (ambos incluídos).
Lugar de presentación de solicitudes.
- Preferentemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
- No portal educativo no enderezo http://www.edu.xunta.gal
- No centro educativo CEIP P. Cardeal Quiroga Palacios
Documentación para a presentación
- Solicitude segundo o Anexo I da Orde.
- Anexo I-bis (Comprobación de datos e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).
- Documento acreditativo da representación, de selo caso.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento, de selo caso.
Comprobación de datos .
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante
Formularios .
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550A-G-4.pdf | 1.23 MB |
ED550A-C-2.pdf | 1.34 MB |