Skip to Content

(Actualizado) Protocolo COVID nos centros educativos e protocolo cribado test de antíxenos

Adxúntase nesta entrada o novo protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico, así como o protocolo de utilización e xestión dos test de antíxenos en saliva.

 

PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-CoV-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA

 

Benqueridas familias:

Esta mañá os responsables de Sanidade do ámbito educativo galego déronnos a coñecer algunhas das novidades do novo protocolo aprobado pola Xunta de Galicia dende este pasado luns.

Entre os aspectos referidos á educación infantil e primaria destácanse os seguintes:

  • Alumnado positivo en coronavirus:

 O alumnado que sexa caso covid positivo  deberá permanecer no seu fogar en corentena durante 7 días. Transcorrido este tempo, e sempre que non se presenten síntomas, poderase incorporar ao centro, vixiando activamente (durante os 3 días seguintes) a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.

Neses 3 días de vixilancia deberán extremar as precaucións evitando  lugares concorridos ou estar en contacto con persoas inmunodeprimidas.

  • Alumnado que sexa contacto estreito dun caso positivo:

O alumnado menor de 12 anos, NON deberá realizar corentena no caso de que sexa contacto próximo cun positivo, independentemente do seu estado de vacinación (a excepción dos estudantes inmunodeprimidos que sí que deberan gardar corentena de 7 días + 3 de activa vixilancia).

  • Casos positivos nas aulas:

O novo protocolo establece que no caso de que existan de 1 a 4 positivos ou menos do 20% do alumnado nunha aula durante un período de 7 días, o alumnado NON realizará corentena, nin se dará parte de contactos próximos. O equipo covid do centro so vos informaremos dos casos positivos para o voso coñecemento.

 No caso de que na clase consten 5 casos positivos ou o 20% da aula, comunicarase á Xefatura Territorial que será quen determine se procede ou non o peche da aula.

  • Detección de positivo a través dun test de autodiagnóstico na casa:

No caso de realizar un autotest no fogar e dar positivo, as familias debedes chamar ao número: 881-54-00-45 para comunicalo ou, no seu defecto, rexistralo na páxina web:

coronavirus.sergas.es

e cubrir o apartado: Declaración da proba de antíxeno. Tamén deberedes poñelo en coñecemento do Centro  educativo para que realice as xestións oportunas.

No seguinte arquivo adxunto poderedes consultar o documento da Consellería onde se recollen ditos aspectos:

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/Adaptacion_Guia_Centros_Educativos.pdf

Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida que poida xurdir.

Atentamente

O equipo directivo.

     

 

 

AnexoTamaño
272015848_10223395590016528_3441337084071031418_n.jpg83.58 KB
271965532_10223395591296560_8372105718106168560_n.jpg115.74 KB
271929047_10223395591376562_6288550696303256176_n.jpg87.17 KB
ESCOLAS_Protocolo_COVID19 (1).pdf817.73 KB
protocolo_cribado_antixeno_educacion (1) (1).pdf103.22 KB


book | by Dr. Radut