Seminario Galán - Letras Galegas - Florencio Delgado Gurriarán

Na páxina web do Seminario poderedes atopar actividades interactivas, en formato genial.ly, sobre o autor homenaxeado este ano, Florencio M. Delgado Gurriarán, así como actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, escolma de textos, fotos e actividades para infantil en lingua de signos,  video da biografía, canción sobre o poema " Pandeirada", cronoloxía, marcapáxinas... 

Tamén está: "O  libro de lapelas de Florencio Delgado", con información variada do autor: biografía, fotos, obra, textos... unha actividade dirixida ao alumnado de primaria e para realizar en equipo ou individualmente.

Prema na ligazón http://www.seminariogalan.org/ para abrir o recurso.