ARTUR E CLEMENTINA - Martes 19 de maio

Bo día!

Como estamos familias? Desexo que ben.

Hoxe propóñovos que vexades unha ledicia de conto, lido por unha ledicia de contacontos como é Sandra Senra. Seguro que os nenos e nenas se lembran deste conto que de seguro escoitaron no colexio, xa que alí o temos na biblioteca e é un dos máis solicitados! Así que invítovos a velo na casa da man desta maravillosa narración (pinchade na imaxe para que vos leve ao video):

Esta historia ten moitísimas aprendizaxes que extraer, así que aqueles ou aquelas que lle queirades dar unha volta máis a esta historia, propóñovos unha serie de reflexións que podedes plantexar aos vosos fillos e fillas despois de escoitar o conto:

-      Cando Clementina ve que a súa vida de casada non é como ela quería, podemos pensar sobre os malos momentos da vida, cando non sale todo como queremos. Invitaremos aos nenos/as a pensar sobre situacións nas que se sentiron tristes, decepcionados, frustrados… e dialogaremos sobre o que facemos para superar un mal momento. Pódese traballar cos nenos e nenas para destacar a importancia de expresar os nosos sentimentos, e ser capaces de comprender aos outros, cando se atopan en momentos malos.

-      Mentres Artur vai pescar, Clementina queda na casa facendo as tarefas do fogar. Isto é unha situación que fai anos era real, así que podemos analizar qué cousas non podían facer antes as mulleres que agora sí poden e invitar aos nenos/as a expresar o que lles parece. Podemos comparar a vida por exemplo dalgunhas avoas coa vida das nais, e que pensen como lles gustaría a eles/as que fose a súa vida de adultos, e que opinan sobre as imposicións que Artur lle fai a Clementina.

-      Clementina ten moitos soños, moitas aficións que Artur ao final sempre desbarata. Intentaremos que os nenos e nenas nos comenten qué actividades lles gustaría realizar, podemos facer unha lista, e despois comentar o porqué desas eleccións. Tamén a familia pode facer unha lista de cousas que lle interesan, ou que lles gustaría aprender, e comparar por exemplo a listaxe do neno/a coa de mamá, papá, un irmán/irmá, a avóa, o avó, o tío… facendo fincapé na importancia de respectar os intereses dos demais e de apoiar a aquelas persoas que queremos para que logren facer aquello que queren e que lles pode facer máis felices.

-      Cando Clementina dicía que quería facer algo, Artur viña con algún obxecto co que intentaba substituír a afición da súa muller, mais ela non era feliz. Pódese pedir aos nenos e as nenas que tenten axudar a Arturo para que entenda a situación, explicarlle que é o que realmente lle faltaba a Clementina. Artur pensaba que Clementina tiña un tesouro, pero para ela todo aquilo era unha carga; seguramente, cada un de nós pensa en cousas distintas cando imaxina un tesouro, ou talvez pensemos todos o mesmo. Podemos animar aos nenos/as a debuxar todas as cousas que incluirían no seu tesouro e despois orientalos sobre a importancia das cousas non materiais, como o agarimo, a amizade, a axuda,…

 

Nada mais hoxe aquí, espero que gocedes desta aportación.

USA AS FRECHAS PARA IR AO XOGO SEGUINTE OU AO ANTERIOR