ESPECIAL Letras Galegas - Venres 15 de maio

Ola, ola !!

Como vos prometín, aquí vos quedan unhas actividades en liña para realizar sobre o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero.

Mais antes de nada, podedes ver esta actividade que combina un pouco de historia sobre o autor, e algunha actividade sinxeliña (facede click na imaxe para acceder):

Agora seguro que xa podedes facer estas actividades moi ben feitiñas !! Aquí vos quedan os enlaces para cada nivel de Infantil (pinchade na imaxe que corresponda á idade do neno/a... e probade a superar as demais actividades tamén!):

                                                     

      3 anos                                    4 anos                                     5 anos  

E non vos esquezades!! Visitade a actualización de Lecturas que vos puxen hoxe, e tamén a web da biblioteca do cole, onde atoparedes actividades e recursos moi chulos sobre este autor:

BIBLIOTECA DO CEIP CAMPOMAIOR - ESPECIAL LETRAS GALEGAS

Saúdos a todos/as, bo Día da Familia e Felices Letras Galegas !

USA AS FRECHAS PARA IR AO XOGO SEGUINTE OU AO ANTERIOR