ESPECIAL: Letras Galegas e Día da Familia - Venres 15 de maio

Ola nenos e nenas e familias !! 

Como sabedes, esta fin de semana e o mesmo día de hoxe, son moi especiais: celebramos neste venres o Día da Familia, e este domingo 17, o día das Letras Galegas, dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Por iso, anímovos a que visualicedes e gocedes con estes recursos que hoxe vos ofrezo.

Neste primeiro video, escoitaredes  un conto onde aprendemos que familias, hai de tantos tipos como botóns diferentes podemos atopar:

E para saber máis sobre o homenaxeado deste ano nas Letras Galegas, aquí tedes o conto de As pitas:

CONTO AS PITAS (PINCHA AQUÍ)

E ademais acompañado de música para que bailedes na casa ao son deste marabilloso conto!!

Ah! E non deixedes de visitar a páxina web da Biblioteca do cole, onde atoparedes algunha cousiña máis sobre este autor, e tamén a actualización desta aula virtual sobre TIC, cuns xoguiños sobre o autor.

Bo día da Familia, e felices Letras Galegas !!

USA AS FRECHAS PARA IR AO XOGO SEGUINTE OU AO ANTERIOR