XOGOS COAS MATES - Mércores 10 de xuño

Boas familias e nenos e nenas!

Imos usar o ordenador, móbil ou tablet para traballar hoxe un pouco coas... matemáticas!!

Se picades na imaxe de abaixo, vaivos levar a unha páxina web con bastantes xogos para Educación infantil, de tipoloxías diversas. Como vedes na imaxe, marqueivos en cadros de cores, os xogos que considero máis axeitados para cada idade: en azul para alumnado de 3 anos, en vermello para alumnado de 4 e en verde para os de 5. Marquei a maiores algúns xogos máis en laranxa, que penso que serven bastante ben para calquera idade, e que son de outros aspectos non tan puramente "numéricos".

Aconséllovos que activedes a voz, e que os nenos e nenas escoiten as locucións para saber o que teñen que facer en cada xogo, e coma sempre, explorade varios xogos máis! Ao mellor atopades algún que vos resulta interesante ou que aos nenos e nenas lles interesa pola razón que sexa, aínda que a priori nos parezan complexos para eles e elas.

Un gran saúdo !!

 

USA AS FRECHAS PARA IR AO XOGO SEGUINTE OU AO ANTERIOR