XOGOS TIC: FANTASMIN E PLANETA ANIMADO - Xoves 28 de maio

Ola de novo!

Nesta sección vou deixarvos hoxe uns xogos dentro de xogos, é dicir, uns enlaces (aos que accededes picando nas imaxes), nos que atopades moitos xogos dentro da mesma pantalla.

O primeiro que vos deixo, penso que é ben coñecido, sobre todo polos nenos e nenas de 5 anos que sei que xogaban na aula no recanto do ordenador. Trátase de Fantasmín, que vive nun castelo cheo de xogos; picando nas diferentes partes do castelo, accededes a diferentes xogos de todo tipo, máis indicados para 4 e 5 anos:


E o outro recurso, pensado para 3 e 4 anos máis ben, é o Planeta Animado, que na mesma liña que Fantasmín, ten xogos variados nos distintos apartados (excepto no de "Nosotros", que non ten contido). Especialmente interesante os xogos do apartado de "Animales" e "Números":


Espero que vos gusten estas aportacións, e xogando un anaquiño, buscade o voso xogo favorito e ensinade a xogar a alguén da familia, intentade facer os máximos puntos posibles, facede os xogos cada vez máis rápido... e sobre todo gozade!

Un saudiño a todos e todas.


USA AS FRECHAS PARA IR AO XOGO SEGUINTE OU AO ANTERIOR