XOGA COA AREA E O RATO E CON SECUENCIAS - Venres 22 de maio

Bo día familias!

Déixovos aquí dous xogos para a tablet, o ordenador ou o móbil para estes días.

O primeiro deles, pode que non lle interese a todos os nenos, xa que se trata de ter algo de "paciencia"... trátase de pulsar o rato (ou premer co dedo) e deixar que area de diferentes cores vaia caendo na pantalla, facendo así coma un debuxo de montañas... Parece algo aburrido, pero estou segura que algún neno ou nena lle pica a curiosidade por saber qué pasa si enchemos toda a pantalla, ou por facer montañas de cores... en fin, trátase de experimentar, así que aí volo deixo (pica na imaxe para acceder ao xogo):

E co segundo xogo, ademais de traballar co rato ou co dedo se o facemos con tablet ou móbil, imos repasar as secuencias temporais, é dicir, a orde na que suceden as cousas de forma lóxica. Tedes distintos graos de dificultade, e trátase de ordear as imaxes na orde na que acontecen.... atrevédesvos? (click na imaxe para acceder):

Cal vos gusta máis?

USA AS FRECHAS PARA IR AO XOGO SEGUINTE OU AO ANTERIOR