Saltar navegación

Conclusión

Para rematar...

Pescudando sobre homenaxeadosSe chegastes ata esta sección, e fostes quen de rematar a vosa presentación, querrá dicir que aproveitastes moi ben o tempo empregado na realización da webquest e será para nós motivo de ledicia. Asemade, indicará que coñecedes moi ben a vida e obra dun escritor ou escritora de Galiza, e polo tanto esperamos que a partir de agora vos fagades asiduos lectores en galego.

Quizais, nun futuro próximo, algún de vós emulará ao personaxe traballado e chegará a ser merecedor dun recoñecemento ao seu traballo realizado nesta festa das Letras Galegas.

... qué valoración vos merece que se teña homenaxeado a dito/a autor/a?
... que pensades da utilidade da celebración do Día das Letras Galegas?
… deberá perdurar no tempo esta homenaxe a autores galegos?

Un pouco de lecer

Pescudando Se remataches as tarefas, podes gozar duns momentos de lecer, ben merecidos, nas seguintes ligazóns:

Para rematar, só resta indicar que todos deberiamos comprender que esta forma de traballar é un recurso educativo moi útil, xa que nos vai permitir adquirir coñecementos de xeito divertido e ameno.

Xa só resta desexarvos un...

... feliz Día das Letras Galegas!