PONTEVEDRA

- Cámbianse os tranvías eléctricos de Pontevedra-Marín e Pontevedra-Alba  por outros de gasolina

GALICIA

- A carreira popular San Silvestre de Pontevedra naceu en 1977, con motivo das “vodas de ouro” da entidade. Nesa edición participaron 652 atletas. Despois de varios anos de parón entre 1980 e 1990 recuperouse.
- Nace o 2 de decembro o  xornal semanal "A Nosa Terra"
- A loita nas Encrobas.  O 15 de febreiro de 1977 produciuse un episodio moi  duro da revolta popular que enfrontou a  parroquia de Cerceda cos responsables de Unión Fenosa polas expropiacións de terreo para explotar a mina de Lignitos de Meirama.  O berro de loita foi  “A terra é nosa, e non de Fenosa”.
- Ana Kiro saca o disco "Galicia Terra Meiga"
- O homenaxeado no Día das Letras galegas  foi Antón Villar Ponte

ESPAÑA

9 de abril o Partido Comunista de España (PCE) é legalizado, no que se considera un importante, e tenso, paso do proceso de transición española á Democracia.

15 de xuño en España, trala morte do ditador Francisco Franco, teñen lugar as primeiras eleccións democráticas.

23 de abril  en España legalízanse os sindicatos, prohibidos pola ditadura de Franco.

22 de xullo celébrase no Congreso a cerimonia da solemne inauguración das Cortes Constituíntes españolasena que o rei Juan Carlos I recoñece a soberanía do pobo español.

25 de xullo institúese o día da Patria Galega.

INTERNACIONAL
30 de abril fronte á Casa Rosada (Bos Aires, Arxentina) as Nais da Praza de Maio inician a súa primeira marcha.

10 de decembro  a ditadura de Videla secuestra en Bos Aires (Arxentina) a Azucena Villaflor (53), unha das fundadoras das Nais da Praza de Maio. Esa tarde, Villaflor publicara nos xornais a lista de varios mozos desaparecidos. O 20 de decembro, tras dez días de tortura, será deixada caer viva desde un avión ao Río da Prata (Vos da Morte).

25 de maio estrénase a película Star wars.

26 de xuño nos Estados Unidos, o cantante Elvis Presley dá o seu último concerto.

MÚSICA

Libertad sin ira. Jarcha

Gavilán o paloma. Pablo Abraira

Linda. Miguel Bosé

Credo. Elsa Baeza

Give a Little bit. Supertramp

If you leave me now. Chicago

 

Última modificación: sábado, 25 de novembro de 2023, 19:21