GALICIA

- Comeza a construción da Ponte dos Tirantes de Pontevedra.
- O Parque Empresarial de O Campiño, Pontevedra. foi inauguarado no ano 1994.
- Por falta de edificio onde instalarse, a Facultade de Ciencias Sociais comezou a funcionar en Pontevedra un ano máis tarde da súa creación, o 10 de outubro de 1994 nun edificio provisional, o antigo Hospicio Provincial da rúa Sierra, que deixara libre a Facultade de Belas Artes, onde permaneceu ata o ano 2000​ en que continuou a súa actividade no novo gran edificio da facultade construído no Campus da Xunqueira, obra do arquitecto santiagués José Carlos Lanzo Lois. O plan de estudos foi aprobado o 1 de xullo de 1994
- Litixio sobre a titularidade da Praza de Barcelos.
- Seis ex directivos foron condenados a seis meses de arresto e a empresa deberá pagar 433.000 euros á Xunta de Galica por  incumprir a normativa de verteduras híbridas e atmosféricas ata 1994
- Chegan ao Museo de  Pontevedra  dous cadros expoliados polos nazis  como parte da compra da colección de José Fernández López, formada por 313 pinturas de autores e cronoloxías diversas.  Estes saíran  de Varsovia en 1944, reapareceron nun comercio de arte de Madrid en 1973 até que foron comprados.
- O ascenso da SD Compostela a Primeira División desatou unha gran celebración nas rúas. Chegou a estar en 1º tres temporadas.

NACIONAL

- Houbo Elección Europeas. En España gaña o PP.
- Un incendio destrúe o Liceo de Barcelona
-O Supremo considera que a "lei do catalán" viola dereitos fundamentais.
- Un avión militar español é alcanzado por lume antiaéreo sobre Croacia.
-  Fernando Trueba obtén o Óscar á mellor película en lingua non inglesa con Belle Epoque.
 Fóxe o ex Director Xeral da Garda Civil, Luís Roldán, cando tiña que comparecer no xulgado para declarar.
- Nacen este ano 1994  varias xogadoras que participarán e quedarán campionas por primeira vez  do Mundial Feminino de Fútbol de 2023:  Ivana Andrés (Valencia). Xogadora do Real Madrid.  Alexia Putellas (Barcelona). FC Barcelona.

INTERNACIONAL

-Algunhas das películas máis coñecidas deste ano foron: Cadea Perpetua, Forrest Gump, O Rei León, Pulp Fiction ou a Máscara entre outras.
-A música tamén foi un elemento moi importante deste ano con cancións como: "Always" de Bon Jovi, "I will remember" de Madonna, "Se fue" de Laura Pausini ou "Vivir lo nuestro" de Marc Anthony.
-O 10 de Maio de 1994 Nelson Mandela convertíase no primeiro presidente negro electo en Sudáfrica.
-Yasir Arafat, Simón Peres e Isaac Rabin gañan o premio Nobel da paz.
-Estréase a popular serie de "Friends".
-Aparece a primeira "Play Station".

Última modificación: luns, 25 de setembro de 2023, 1:04 PM