Efemérides 1980

GALICIA

- Entre 1979 e 1980, Galicia estivo a piques de quedar relegada e cunha autonomía de terceira división. A reacción dos galegos venceu os recortes impostos por Madrid.
- Aprobación en referéndum do Estatuto de Autonomía, que será aprobado nas Cortes en 1981.
- O Presidente do Goberno de España, Adolfo Suárez, ceou en Santiago con diversos intelectuais galegos: Alvaro Cunqueiro, Filgueira Valverde , Carballo Calero, Novo González, Benito Regueiro e Fernández Albor.
- O Día das Letras Galegas foi para Alfonxo X O Sabio
- En Pontevedra, houbo unha explosión de gas hotel Alborada de Raxo con 26 feridos.
- O 14 de abril incendiouse o Liceo Casino de Ponteveda. Reconstruese en 1983.
- O Pontevedra FC empata en Bilbao 2-2
- No colexio de Campolongo xéstase a revista Esperpento.-

NACIONAL

- Un destrutor español é ametrallado en augas saharauís por un avión marroquí.
- En España conclúe o xuízo pola matanza de Atocha.
- Jordi Pujol é elixido presidente da Xeneralidade de Cataluña.
- Entra en vigor en España a Lei Orgánica de Liberdade Relixiosa.
- No seu chalé de Somosaguas, en Madrid, aparecen asasinados os marqueses de Urquijo.
- O Goberno acorda ingresar na estrutura militar da OTAN.
- No colexio Marcelino Ugalde, de Ortuella (País Vasco, España), 48 nenos e 3 adultos morren por mor dunha explosión de gas.
- O Goberno aproba o Estatuto de Autonomía de Galicia.

INTERNACIONAL

- Nóbel da Paz para Adolfo Pérez Esquivel
- Jimmy Carter esixe a suspensión dos Xogos Olímpicos de Moscova se a Unión Soviética non se retira de Afganistán no prazo de catro semanas. O Comité Olímpico Internacional rexeita o boicot aos Xogos Olímpicos de Moscova e o seu cambio de sede promovido por Estados Unidos.
- En Suecia, o 58,2% dos votantes aproba en referendo a construción de novas centrais nucleares.
- Inaugúrase oficialmente a televisión a cor en Arxentina.
- En Estados Unidos, o volcán Santa Helena entra en erupción, deixando os maiores danos demográficos e económicos na historia dese país.
- En Quebec (Canadá) realízase un referendo para decidir a separación de Canadá. O 60 por cento oponse á independencia.
- O presidente Jimmy Carter asina un proxecto de lei obrigando aos homes de 19 e 20 anos a inscribirse para un chamamento a filas en resposta á invasión de Afganistán por parte dos soviéticos.
- En Canadá, a canción `O Canada´ convértese no himno nacional dese país.
- En Irán institucionalízase a sharia (lei relixiosa musulmá).
- O cubano Arnaldo Tamayo convértese no primeiro latinoamericano e o primeiro afrodescendiente en voar ao espazo, a bordo da nave soviética Soyuz-38.
-  Iraq invade Irán, dando inicio a unha guerra entre ambos os países.
- O papa Xoán Paulo II estreita a man do Dalai Lama durante unha audiencia privada na Cidade do Vaticano.
-  Nos Estados Unidos, o actor Ronald Reagan é elixido presidente.
-  No Salvador, oito mulleres  son violadas e asasinadas polos «escuadrones da morte» da ditadura de dereitas autodenominada Xunta «Revolucionaria» de Goberno.


CIENCIA
 - Charles Weismann anuncia que lograron producir interferón humano grazas ao emprego da biotecnoloxía, importante sobre todo para combater ou cangro
-  A sonda espacial Voyager 1 descobre o satélite Jano, que orbita ao redor de Saturno.
-  A OMS declara oficialmente erradicado o virus das vexigas en todo o planeta.
-  A nave espacial estadounidense Voyager I fai a súa primeira aproximación a Saturno e recolle as primeiras imaxes dos seus aneis.

CINEMA
- No festival de Berlín, a estrea da película `O crime de Cuenca´, dirixida por Pilar Miró, causa un gran escándalo. Pilar Miró é xulgada pola xurisdición militar, ao recoñecerse autora da película `O crime de Cuenca´.

MÚSICA
- Publícase Back in Black da banda australiana de Hard Rock AC/DC. Converteríase no terceiro álbum máis vendido da historia.
- Mark Chapman asasina a John Lennon, exintegrante da banda británica de rock The Beatles.

DEPORTES
- 58 países boicotean os Xogos Olímpicos de Moscova pola invasión soviética de Afganistán.
- O nadador español David López-Zubero obtén unha medalla de bronce na proba de 100 m bolboreta dos Xogos Olímpicos de Moscova, a primeira que consegue España neste deporte.


Última modificación: Luns, 18 de Setembro de 2023, 18:41