GALICIA
- Morre o escritor Agustín Fernández Paz.
- Letras Galegas: Manuel María
- A Moda Ideal, situado nos Soportais da Ferrería desde 1896 é devorado polo lume.
- Apenas dous meses despois de que Rajoy fora agredido durante un paseo por Pontevedra, a cidade deu ao presidente do Goberno unha segunda labazada. Esta vez, simbólica. Pero probablemente moito máis dolorosa para o que a física. Pontevedra, a súa cidade, declarábao persoa non grata.
por conceder a prórroga de ENCE 60 anos máis.
- Retirada de Lourdes Domínguez Lino, a mellor tenista galega da historia
- Sete anos, ese é o tempo que perdeu a sanidade pontevedresa ata que a Xunta decidiu rectificar e recuperar o plan de ampliación de Montecelo.
- O pasado 16 de outubro de 2016 o Pontevedra Club de Fútbol cumpriu 75 anos de vida, unha efeméride que a cidade celebrou con diversos actos.
- O 'Ano Castelao 2016' conmemoraba tres datas relacionadas co polifacético artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: o centenario da súa chegada á cidade de Pontevedra, o 75 aniversario da estrea da súa obra teatral Os vellos non deben de namorarse, e o Día das Artes Galegas, que este ano se dedica ao autor de Rianxo.
- Fusión dos Concellos Cerdedo e Cotobade.
- A historia repetiuse dez anos despois. Pasada unha década da tráxica vaga de incendios de 2006, no verán de 2016, o lume volveu tinguir de medo e negro os montes da comarca e de todo Galicia, con decenas de focos simultáneos que deixaron miles de hectáreas reducidas a cinza.
- A visita de Pedro Sánchez a Pontevedra deixou esta curiosa estampa ao pasar xunto a un cartel que anunciaba un concerto de Il Divo

NACIONAIS
- Un membro da familia real (Cristina) senta por primeira vez no “banquillo”.
- En Barcelona invístese a Carles Puigdemont como 130º presidente da Xeneralidade de Cataluña.
- Lionel Messi recibe o seu quinto Balón de Ouro en Zúric (Suíza).
- España puxo fin o 29 de outubro á etapa máis longa vivida cun presidente do Goberno en funcións (314 días).
- Xuízos de corrupción máis soados dos últimos anos: Unha infanta no banco de Nóos, un ex-ministro no das tarxetas black e un extesorero do PP en Gürtel.
- O Mediterráneo confirmouse como « o roteiro máis mortal do mundo » (con cinco mil mortos nas súas augas). Un dos máis tráxicos foi o naufraxio de Lampedusa , morreron 336 inmigrantes .
- No apartado de sucesos, a desaparición de Diana Quer durante as festas da Pobra do Caramiñal e o crime de Píoz en setembro, no que o brasileiro Patrick Nogueira matou a un matrimonio e os seus dous fillos, conmocionaron a un país enteiro.  

INTERNACIONAIS
- Xogos Olímpicos de Río de Janeiro. Unha inoportuna caída de bicicleta, un mes antes do acontecemento olímpico,  impediu que  Gómez Noya acudira a esta cita.
- Barack Obama visita Cuba tras 88 anos sen relación entre países.
- En Youtube sóbese o vídeo con máis reproducións da historia Baby Shark de Pinkfong.
- No Reino Unido celebrouse un referendo sobre a permanencia na Unión Europea, cun resultado dun 51,9% de votos favorables á saída do Reino Unido da UE.
- O presidente de Colombia Juan Manuel Santos é galardoado co Premio Nobel da Paz.
- O 9 de novembro a maioría da poboación mundial espertouse (ou deitou) conmocionada. O magnate Donald Trump pasaría a ser o home máis poderoso do mundo… ou, polo menos, o próximo presidente dos Estados Unidos
- Morre Fidel Castro, lider da revolución cubana durante moitos anos.

Última modificación: luns, 4 de setembro de 2023, 16:54