GALICIA
- Pontevedra cumpre 175 anos como cidade.
- Un colombiano de 36 anos, veciño de Pontevedra, recibiu na madrugada de onte un disparo na cabeza cando estaba na discoteca Río Latino, na céntrica rúa de Benito Corbal.
- O lume que arrasa a localidade pontevedresa de Fornelos cóbrase a vida de dous mozos brigadistas de 35 e 27 anos.
- A cidade acababa de despedir as festas da Peregrina do 2010 cando se produciu a desaparición da pontevedresa Sonia Iglesias (18-08-2010). No 2020 morre o principal sospeitoso Julio Araujo, compañeiro sentimental co que tiña un fillo.
- Marchas multitudinarias en Galicia contra o modelo lingüístico de Feijóo
-  Martin Verfondern, de orixe holandesa, foi asasinado por un dos seus veciños na aldea de Santoalla, en Ourense, un crime que Rodrigo Sorogoyen toma como base para a súa  película ‘As bestas’ en 2022.

NACIONAL
- España asume a Presidencia temporal do Consello da Unión Europea substituíndo a Suecia.
- O Goberno anuncia que planea atrasar a idade de xubilación aos 67 anos.
- A Selección española de fútbol proclámase campioa do mundo en Sudáfrica.
- O Parlamento catalán prohibe as corridas de touros por 68 votos contra 55
- Comunicado de ETA no que anuncia que non levará a cabo 'acciones armadas ofensivas'.
- Morre o cantautor e  ex deputado aragonés José Antonio Labordeta aos 75 anos.
- Folga xeral en España, quinta da Democracia e primeira para o Goberno de Rodríguez  Zapatero.
- Falece Marcelino Camacho, líder histórico de Comisións Obreiras
- Visita de Bieito XVI a España, con paradas máis destacadas en Santiago de Compostela e Barcelona.

INTERNACIONAL
- Pechan ao público a embaixada española en Iemen debido ás continuas ameazas de Al Qaeda na Península Arábiga.
- O volcán islandés Eyjafjallajökull, colapsa o tráfico aéreo en media Europa durante todo o verán do 2010.
- Despois de 86 días de folga de fame  morre o disidente cubano Orlando Zapata. Foi un dos símbolos de loita da disidencia cubana.
- Un devastador terremoto de 7 graos na escala Richter sacode Haití provocando miles de vítimas.
- Dous atentados suicidas no metro de Moscova perpetrado por separatistas chechenos matan a 38 persoas.
- EEUU e Rusia enterran a Guerra Fría cun ambicioso e histórico pacto nuclear.
- Grecia e Irlanda  piden un  rescate acosada polos mercados.
- Barack Obama, diríxese ao seu país para anunciar o fin da Guerra de Iraq, tras 7 anos de conflito.
- Culmina con éxito a operación de rescate dos 33 mineiros chilenos atrapados durante 70 días a 600 metros de profundidade.
- Filtración de documentos diplomáticos dos Estados Unidos por WikiLeaks.

Última modificación: mércores, 30 de agosto de 2023, 19:53