Efemérides 1998
GALICIA
- O Club Natación Pontevedra crea a súa sección de waterpolo, disputando o seu primeiro partido amigable en outubro de 1998 e participando na liga galega na tempada 1998/99. O primeiro equipo de waterpolo do Club Natación Pontevedra estivo adestrado por Iván Sabaxáns e contaba con Fernando Rodríguez “Malecho”, Sesé Vázquez, Javier de Sáa González e Anxo Días como directivos
- O 5 de xuño de 1998 Pontevedra viviu unha manifestación histórica, que seguramente deu un envorco á política municipal. Trinta mil persoas saíron á rúa o 5-J para defender a capitalidade e protestar polo declive da cidade e a súa comarca. A marcha convocada por mor do proxecto de disgregación da - Audiencia Provincial, bateu todos os récords de participación ata entón.
- O Concello, por medio do alcalde Lores, regala ao príncipe unha reprodución en bronce da Peregrina.
- Os Rolling Stones actúan en Vigo.
NACIONAL
O Congreso aproba unha Proposición de Lei para que os pais poidan escoller a orde dos apelidos dos fillos.
- Rómpese unha balsa de residuos tóxicos das minas de Aznalcóllar e vértense cinco hectómetros cúbicos de augas acedas e lodos tóxicos á conca do Guadiamar e a contorna de Doñana.
- O ex Ministro do Interior, José Barrionuevo e o que fose Secretario de Estado para a Seguridade, Rafael Beira, son condenados a 13 anos de carcel pola súa participación no secuestro de Segundo Marey
-O Real Madrid gaña a súa sétima Copa de Europa.
- O Presidente da Generalitat, Jordi Pujol, garante a José María Aznar, o apoio do Grupo Parlamentario de CIU durante todo o ano.
- O ex Director Xeral da Garda Civil, Luís Roldán é condenado a 28 anos de prisión por malversación, estafa e suborno.
INTERNACIONAL
-Nun pequeno garaxe no estado de California, dous universitarios crearon Google.
- Francia proclamouse por primeira vez campioa do mundo nun partido no que derrotou a Brasil. Volvería a gañar na seguinte edición de 2002, en Corea e Xapón.
- Prodúcense os primeiros ensaios nucleares na India e Pakistán.
- Invéntase a viagra
-Películas máis famosas do ano: "La vida es bella", "Salvar al soldado Ryan", "American History X", "O show de Truman", e filmes máis infantís coma "Antz" ou "Bichos".
-As cancións máis famosas de ese ano foron: "Corazón partío" de Alejandro Sanz, "Desátame" de Mónica Naranjo, "My heart will go on" de Celine Dion e "La copa de la vida" de Ricky Martin.