Skip to Content

DIA DA PAZ

Hoxe 30 de xaneiro celébrase o día escolar da paz e da non violencia e como non podía ser menos no noso cole celebrámolo todos xuntos. Durante estas semanas pasadas estivemos a traballar sobre as múltiples e diferente ONGs que existen, entre elas: a Cruz Vermella que celebra o seu 150 aniversario, Save the Children, UNICEF, Médicos sen Fronteiras... e hoxe foi o día de poñelas en común. Os nenos do segundo ciclo de primaria incluso nos receitaron unhas pílulas contra a dor allea, que por certo estaban boíííííííísimas moitas grazas. Tamén cantamos unha canción que practicamos moito nas clases de ingles We Are The World, que nos saiu moi ben. e para rematar xogamos a un xogo interactivo. Apetécevos xogar a vos tamén? pois pinchade no enlace:

e por si vos apetece seguir xogando aqui vos deixamos outro:



blog | by Dr. Radut