O pasado xoves, 6 de febreiro, os nenos e nenas de Educación Infantil desprazáronse ata o IES de Porto do Son para pasalo en grande cas historias que lles contaron os compañeiros e compañeiras "maiores" de Secundaria. O fixeron moi ben e os máis pequenos e pequenas quedaron encantados!!
Os nosos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, seguen a traballar con Digicraft. Nesta ocasión traballarán ca aplicación Stop Motion para elaborar un cómic ou diorama a través de fotogramas co que asimilarán contidos relacionados con Cyberbulling.
Despois das vacacións de Nadal e xa de cheo no Segundo Trimestre, destacamos o Obradoiro de igualdade levado a cabo por Rocío cos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria no cal traballaron contos como Tarzana ou o Príncipe Cincento.