Skip to Content

OBRADOIRO BANDA DESEÑADA

ACTIVIDADES ANPA "CASA DO TERROR"

ENTRADAS

NENOS/AS  SOCIOS                 1º 5 eu    / 2º e sucesivos 3 eu

NENOS/AS NON SOCIOS          1º 10 eu  / 2º e sucesivos 7 eu

ADULTOS                                3 eu

Por cada 2 nenos/as poderá entrar un adulto gratis

 

CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA

 

                        De acordo coa RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 18 de setembro 2024), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

 

     1. De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pais/nais1, dun total de 1 que debe ter o Consello Escolar. O outro representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2022.

 

     2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día 30 de outubro está exposto no taboleiro de anuncios da entrada da biblioteca do centro. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:00 horas do día 6 de novembro.

 

     3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Centro. As candidaturas poderán ser presentadas dende o 1 de novembro  ata as 14:15 horas do 8 de novembro.

 

     4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que NON se presenten como candidatos/as, o día 11 de novembro, ás 14:15 horas. Dita mesa electoral estará composta polo/a Director/a do Centro, que actuará como Presidente/a, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario/a o de menor idade.

 

     5.- A campaña electoral comprenderá dende o 14 ao 17 de novembro , ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos/as, previa petición ao presidente/a da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do centro. A véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

 

     6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais/nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores/as.

 

7.- As votacións realizaranse neste centro  o 18 de novembro de 9:00h a 9:30h, de 14:00h a 14:30h e de 16:00 a 18:00 horas . A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 8:50 horas.

 

     8.- Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo 1 nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do DNI  ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegado e non se admitirá o voto por correo.

 

     9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado.

 

     10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

 

     11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

                                                                                                               Baroña 30 de outubro de 2024

 

                                                                                                              O Presidente da Xunta Electoral

  

                                                                                                                Asdo: Juan José Parga Cervelo

 

LIBROS DE TEXTO 2024/2025

No arquivo adxunto, está a listaxe de libros para o vindeiro curso escolar 2024/2025.

INSTRUCCIÓNS FONDO DE LIBROS

Deixamos aquí o enlace das instruccións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

 

As solicitudes presentaranse preferentemente vía telemática a través da aplicación Fondolibros da Consellería de Educación. O plazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ata o 21 de xuño ambos incluidos. Tamén se pode presentar presencialmente no colexio ( Se os ides presentar desta maneira podedes pedir os impresos no centro ou descargar do seguinte enlace) 

  • Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

 

Tamén no arquivo adxunto queda unha explicación que podedes imprimir. 

 

Saúdos.

AUTORIZACIÓN INNOVART24

Estimadas familias,

Este venres 19 de abril, o alumnado de primaria de 1º ata 6º (infantil quedará no centro),  subirá ata a Cidade da Cultura a INNOVART 2024 a realizar unhas actividades e disfrutar de concertos. 

Mañán darémosvos a autorización en papel, pero  tamén a podedes descargar do arquivo adxunto por se o precisades.

 

Podedes ver información das actividades premendo  AQUÍ INNOVART24 

 

Unha das actividades que temos reservada para cada grupo é:

 

1º/2º     D2A1015T03 10:15 Obradoiro de percusión corporal (CDAN Lugo) Planta -1 Aula 14 20’ 

 

3º         D2A1015T11 10:15 Obradoiro de Estampación (EASD Mestre Mateo) Planta -1 Innova Artes Plásticas e Deseño 30’ 

 

5º/6º      D2A1015T07 10:15 Caza do tesouro en inglés. Treasure Hunt (EOI Santiago de Compostela) Planta -1, Innova Idiomas 30’

 

 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 de marzo ao 20 de marzo.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación admisionalumnado da Consellería de Educación. Poden consultar o decreto polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos aquí.

       • Poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) pulsando aqui.

 

      PODEDES CONSULTAR AS VACANTES PREMENDO NO ARQUIVO ADXUNTO QUE HAI O FINAL DA ENTRADA.

     

 

 NORMATIVA:

Instruccións xerais.

Orde 12 de marzo de 2013

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro.

Orde do 21 de outubro de 2022.

Resolución do 27 de febreiro de 2024, pola que se fai público o resultado do sorteo, ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de Outubro de 2022.

REUNIÓN DA ANPA

A “ANPA CEIP CAMPANARIO” convoca   ASAMBLEA  XERAL  EXTRAORDINARIA que se celebrará;

 

Data: Venres 22 de setembro de 2023 na casa de Cultura de Baroña.

 

1ª Convocatoria: 19:30

2ª Convocatoria: 20:00

 

ORDEN DO DIA

 

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

2. Apertura para inscripción de novos socios da Anpa.

3. Cambios na Directiva.

4. Propostas actividades extraescolares curso 2023/2024.

5. Excursión.

6. Cuota

7. Material promocional: sudaderas e tazas.

8. Rogos e preguntas.

 

Baroña, 15 setembro 2023.

SEGURO DOS ORDENADORES

Bo día,

No arquivo adxunto podedes ver as características do seguro dos ordenadores por se alguén ten interés en facelo.

Calquer cousa podedes preguntarnos, ou se queredes máis información tamén tedes no díptico un número de teléfono o que podedes chamar.

 

 

LIBROS PARA O CURSO 2023-2024

Publicamos a lista dos libros que utilizará o alumnado no próximo curso 2023-2024. Poden visualizala no arquivo adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut