Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Escolares
Saída do alumnado de 3º e 4º ao cine
Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria achegáronse hoxe ata Numax para ver a película "O que arde". Unha oda á Galicia rural que conta co privilexio de ser a primeira película en galego proxectada no Festival de Cannes e que, ademais, conseguiu o premio do xurado nese mesmo festival. Imaxes
Experimentos en Galego na Biblioteca
A lámpada de lava, o arco da vella lácteo ou a fonte máxica son algúns dos experimentos que nos deixaron abraiados durante o recreo de hoxe da man dos nosos compañeiros e compañeiras científicos. Aquí tendes todas a imaxes.
Retratando ás avoas e aos avós
A avoa Erundina, o avó Alfonso, a avoa Auva, son só algúns dos fantásticamente retratados e retratadas polo alumnado de 6º de Infantil.
Contos de Medo V
Aquí están os gañadores e gañadoras desta quinta edición do Concurso de Relatos de Medo.
Clásica Ü nº15
O máis alto do podio nº39 25 de novembro 2019
Clásica Ü n°14
Visita Xogadores do Obradoiro
O luns 18 visitarán o centro David Navarro Brugal e Maxime de Zeeuw, xogadores do Obradoiro. Imaxes
Clásica Ü nº13
O máis alto do podio nº37
A actualidade deportiva de Oroso da man do alumnado do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés. Nesta ocasión coas entrevistas a Daniela e Valeira, ximnastas orosinas que participaron esta fin de semana no campionato de España. E toda a información sobre o debut do equipo de basket en liga.
Clásica Ü nº12
O máis alto do podio nº36
Resultados da IV Carreira Escolar do Magosto
O máis alto do podio nº35
Entrevista á Conselleira de Educación
Con motivo do día da biblioteca, recibimos no centro a Dna. Carmen Pomar, Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia. Carla e Iago fanlle unha ampla entrevista.
O máis alto do podio nº34
A actualidade deportiva de Oroso da man do alumnado do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés. Hoxe entregamos o agasallo especial do programa á gañadora do noso concurso en Instagram, e asistimos á polémica entre fútbol e fútbol sala. Aínda se pode ver en Instragram o vídeo da gravación. Non o perdades.
Clásica Ü nº11
Digicraft no noso cole
O Ceip Plurilingüe do Camiño Inglés foi seleccionado, xunto con outros 49 centros, para participar nunha iniciativa pioneira a nivel nacional para fomentar un uso seguro, crítico e global da tecnoloxía. Dúas mestras participarán nas xornadas de formación para despois poder desenvolver as actividades relacionadas coas competencias dixitais nas aulas. Máis información
O máis alto do podio nº33
O programa "O máis alto do podio" deu o salto e emitiu este luns 14 de outubro en directo dende Radio Ü. Podedes ver o vídeo no Facebook do colexio ou escoitar o programa aquí.
Clásica Ü nº10
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - Escolares Distribuir contido](/centros/ceipcaminhoingles/misc/feed.png)