Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Escolares
Banco de alimentos
Moitas grazas a todos/as.
Máis imaxes na Galería
Mandados 2016
Nenas e nenos
o Entroido xa chegou
e o mandado comezou.
Este ano o Camiño Inglés transitamos
e para iso ímonos ir preparando.
O luns o camiño comeza
trae algo na cabeza.
Con tanto andar non hai tempo para nada
e o martes, xa teño unha gran barba.
O mércores, uns zapatóns necesitaremos
e un peregrino como é debido seremos.
O xoves será o momento de inventar
improvisa o personaxe que serás.
O venres en Oroso
o camiño será vistoso.
Os mandados acumulativos no son
para que non haxa complicación.
Iso si, intenta ser orixinal
e así o pasaremos xenial.
Circular nº 12 Obradoiro de Radio Escolar
Circular nº 11 Club de lectura en familia
Entroido 2016
Día da paz. Banco de alimentos.
Circular nº10 Banco de alimentos. Día da Paz.
Plan director para a convivencia
O alumnado de 5º e 6º de EP reflexionaron con axuda de axentes da Garda Civil sobre os problemas derivados dun mal uso de internet e as redes sociais.
Plan Proxecta. Mobilidade Sostible e Segura.
Dentro desta actividade o alumnado de educación infantil tivo a oportunidade da asistir a un obradoiro sobre tráfico coa colaboración da Policia Local de Oroso e da D.X. de Tráfico.
Árbore de Nadal
Experimentando despois de ler ciencia
Para pechar o mes de novembro dedicado á ciencia en galego, nos recreos da biblioteca estivemos poñendo en práctica algúns experimentos que aparecen nos libros (e tamén no "youtube").
Grazas por compartir eses momentiños connosco.
Unha "ola" polos nosos científicos e experimentadores máis perseverantes, Brais e Gabriel.
Festa do Nadal
Actividades Día contra a Violencia de Xénero
Sesión de contacontos na biblioteca. Máis imaxes na Galería.
Incorporamos asemade un novo vídeo á nosa canle.
Contacontos: Arturo e Clementina
Coincidindo co Día contra a Violencia de Xénero, e posto que cada día conta, como podemos ler nas nosas pulseiras, tivo lugar na biblioteca durante o recreo un contacontos de sensibilización con respecto deste tema.
O título elexido foi: Arturo e Clementina.
Grazas a María por compartilo e grazas as persoas asistentes.
Circular nº6 AbalarMóbil e Foto Nadal
Nova canle de vídeo
Inauguramos a canle de vídeo cun referente ao pasado Magosto. Moitas grazas á ANPA por cedernos estas imaxes.
A cuadrilla dos supernen@s de Oroso
Presentamos a nova ligazón para o blog do alumnado de primeiro.
Gañadores/as do concurso de contos de terror
* Co título "Medo me da": Aleixo Romarís García
* Con "El silbón": Almudena Sánchez Calviño
* Con "Que miedo": Icía Brea Pallares
* Con "Un conto de Medo": Lucía López Meizoso
* Con "Solos ante el peligro": Juan Amigo Regueiro, Breixo Brea Pallares, Brais Fernández Vázquez, Gabriel Pardal Couselo, Xoel Sánchez Noya, Joel Francisco Santos Teixeira e Carlos Suárez Veiras.
Nota da Biblioteca
Mañá 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante o conflicto balcánico.
Para celebralo, esta tarde, ás 18:00 no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, haberá unha actuación de Fanfarra Títeres, que representará “Soñador de historias”.
Por outra banda, desde a Biblioteca convidámosvos a compartir con todos os usuarios e usuarias da biblioteca o voso libro favorito. A idea é que debuxedes a súa portada en medio folio ou en un cuarto, e por detrás, podedes escribir porque vos gustou.
Recordámosvos que o luns 26 é o último día para a entrega de contos para o Concurso de Terror.
Animádevos a participar.
Visita dos xogadores do Santiago FutSal
Máis imaxes na Galería.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- seguinte ›
- última »