Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Taboleiro
Boletín de verán da biblioteca
Actividades conxuntas da última semana de curso
Datas importantes do fin de curso
información básica da adaptación das programacións didácticas
Unha vez publicadas as Instrucións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, informamos do seguinte:
- As actividades lectivas do curso escolar seguirán ata a data prevista para o seu final.
- O profesorado revisará as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberá desenvolver o alum nado. Estas actividades poderán ser de recuperación, repaso, reforzo ou ampliación. Tamén adaptará os criterios de av aliación e cualificación, que se realizará sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante os dous primeiros trimestres do curso, así como as actividades de reforzo, recuperación ou ampliación do terceiro trimestre sempre e cando beneficie ao alumnado. A adaptación de cada programación estará á súa disposición a partir do día 13 de maio.
- A avaliación final ordinaria terá lugar unha vez finalizadas as actividades lectivas. O centro estableceu un procedemento para o cálculo da cualificación final que se consignará na avaliación ordinaria. Decidimos que:
A avaliación ordinaria sería a media da 1ª e da 2ª avaliación. A isto habería que sumarlle o resultado da 3ª, no caso de ser positivo.
A avaliación do 3º trimestre será:
- Realización con avaliación positiva de máis do 70% das actividades propostas _Sería susceptible de subir a nota media.
- Realización de entre o 50 ao 70% das propostas con distintas valoracións_Seguiría igual a nota pero non tería programa de reforzo.
- Realización de menos do 50% das propostas_Programa de reforzo para xuño, o verán ou o vindeiro curso.
- A promoción de curso será a norma xeral, considerándose a repetición de curso una medida moi excepcional, que non poderá estar baseada unicamente no número de materias non superadas, e deberá estar solidamente argumentada e acompañada dun plan preciso de recuperación para cada alumno ou alumna.
Circular 1/2020 Covid-19
Medidas a adoptar en todos os centros educativos en relación coa pandemia do COVID-19
Os centros de todos os niveis educativos permanecerán pechados a partires do luns día 16 de marzo e durante os 14 días naturais seguintes.
Desde o centro realizarase a proposta de tarefas a realizar polo alumnado a través das plataformas habituais dependendo do nivel concreto: Abalar Móbil, Edixgal, Aula Virtual, Blogs, Páxina Web, Correo Electrónico...
Instrución da Consellería de Educación.
Suspensión das actividades lectivas e extraescolares
Dende a Xunta, en comparecencia de prensa, anunciouse a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partires do vindeiro luns e durante 14 días -a partires do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-. Máis información.
Saída a Compostela_1º e 2º de EP_5 de marzo de 2020
Mandados 2020
Reserva de praza IES de Oroso 2020-2021
Prezadas familias:
Comeza o período de admisión para o vindeiro curso 2020-2021. Na medida en que, o alumnado de 6ºEP, finaliza a súa etapa neste centro e comeza no instituto, poden optar, se así o desexan, á praza que teñen reservada no IES de Oroso. Para isto, do 1 ao 17 de febreiro deberán entregar implementado no colexio o formulario que se poden descargar nesta ligazón (tamén poden solicitalo no centro), que despois faremos chegar ao instituto. Se o prefiren tamén poden facelo directamente na aplicación. Se prefiren outras opcións de centros, o proceso de admisión é durante o mes de marzo. Aproveitamos para lembrarlles que o IES de Oroso terá unha sesión informativa para as familias de alumnado novo do curso 2020-2021, o vindeiro mércores 5 de febreiro ás 17:30 horas.
Un saúdo.
Boletín Ecotropa nº5
Recomendacións da biblioteca para o verán 2019
I descenso do Carboeiro
Saída para o descenso. Cada 4 min. na seguinte orde:
Malo será!
A todo gas
Barco 3000
Pelusa
Equipo XAS
Serpentino
A Bici Flotante
A Perla Negra
Nautilus
Amelia I
Hawaianas en apuros
O Titánic
Proxección de curtas do Obradoiro de Cineclube
Circular nº14 Avaliación individualizada 3º EP
Letras Galegas 19
Colabora con nós
Cantamos?
Imaxes desta actividade organizada pola biblioteca e dirixida ao alumnado de infantil, 1º e 2º de EP.
Mirando polo Camiño_Visita de Marcial Rodríguez
No día de hoxe, 25 de abril de 2019, recibimos a visita do arquitecto Marcial Rodríguez. Nunha interesante charla descubrimos como se desenvolve o traballo para definir e delimitar os tramos do Camiño de Santiago. En concreto, como foi o proceso de delimitación do Camiño Inglés ao seu paso por Oroso. Moitas grazas.
Saída a Ribeira do alumnado de 6º de EI
Dentro do programa Alimentate ben, O sabor da aventura está no mar.
Ligazón ás imaxes.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »