Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Admisión 2016-2017
CALENDARIO
RESERVA DE PRAZA. 1 A 15 DE FEBREIRO. Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES de Oroso. Solicitude de reserva.
DESEMPATE. ÚLTIMA SEMANA DE FEBREIRO. Sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2016/17. Sala de Xuntas da Consellería de C.e O.U.
VACANTES. ANTES DO 1 DE MARZO. Publicación das vacantes que hai no centro.
PORTAS ABERTAS. Xornada de portas abertas. 8 de marzo ás 17:00 na aula de psicomotricidade. Informarase do funcionamento xeral do centro, mostraranse as instalacións e responderase as dúbidas que se teñan a respecto.
SOLICITUDES. 1 A 29 DE MARZO. Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a. Formulario de solicitude.
DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA. 10 DÍAS HÁBILES apartires dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitudes. Entrega da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
LISTAXES PROVISIONAIS. ANTES DO 25 DE ABRIL. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (pódese reclamar nos 5 días seguintes).
LISTAXES DEFINITIVAS. ANTES DO 15 DE MAIO. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo de un mes).
MATRÍCULA. DO 20 AO 30 DE XUÑO. Formalización da matrícula dos alumnos/as admitidos.
Anexo | Tamaño |
---|---|
PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2016.pdf | 2.88 MB |