O prazo para a presentación das solicitudes de admisión para o curso 2023-2024 é do:
1 ao 20 de marzo
Pódese facer a solicitude de dúas formas:
- De maneira telemática a través da aplicación admisión alumnado, na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
- De maneira presencial no centro (de luns a venres de 9 a 14.30), entregando cuberto o anexo II que aparece a continuación:
https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/21176199
Xunto cos impresos de solicitude débese aportar a seguinte documentación:
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/A
- Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/o convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de ser o caso.
En caso de dúbida sempre poden contactar co centro a través de correo electrónico: ceip.camelle@edu.xunta.gal
A publicación da listaxe provisional de admitidos será ANTES DO 25 DE ABRIL DE 2023
A publicación da listaxe definitiva de admitidos será ANTES DO 15 DE MAIO DE 2023