Este curso vai dirixido a docentes que queiran estender os coñecementos sobre o funcionamento da aula virtual do seu centro educativo.

Os contidos que se traballarán son: Opcións de privacidade na aula virtual, incluír vídeos e imaxes da internet nos nosos cursos, crear unha enquisa sobre os contidos traballados.

Subiranse os contidos semanalmente e en formato pdf. Haberá que lelos e preparar unha reflexión sobre os mesmos que se poñerá en común xunto ás dos demais en videoconferencias coa plataforma webex.