Skip to Content

Eventos

« Week of Outubro 30, 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
30
31
Start: 31/10/2023 09:30
End: 31/10/2023 14:30

Benvidos ao Samaín 2023

 

QUE É O SAMAÍN?

Samaín é a festividade de orixe celta máis importante do periodo pagán que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo.

 

QUE SIGNIFICA SAMAÍN E CANDO SE

CELEBRA?

A súa etimoloxía é gaélica e significa “fin do verán”. Celebrábase ao final da tempada das colleitas. Era considerado como o “ano novo” celta que comezaba coa estación escu-

ra. Esta data era o 31 de outubro no hemisferio norte e o 1de maio no hemisferio sur. Era unha das noites dos espíritus, sendo a outra Beltane.

 

DESDE CANDO E ONDE?

Celébrase dende hai máis de tres mil anos polos pobos celtas que poboaron toda Europa. En Iberia estiveron en Galicia, no norte de Portugal, nalgunhas zonas de Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra e gran parte de León.

 

EN QUE CONSISTÍA O SAMAÍN?

O obxecto principal era venerar aos ancestros. Din que os espíritus dos antepasados aproveitaban a festa para visitar os seus antigos fogares. Para manter aos espíritus contentos e afastar aos malos deixaban comida fóra. Tamén era costume baleirar nabos cunha candea acesa dentro.

 


 

 

QUE FAREMOS NA NOSA ESCOLA?

 

Faremos:

 

1. Unha exposición de CABAZAS.

Nesta ocasión sería convinte que as cabazas veñan enteiras e adornadas con temática de MEDO ou DEPORTIVA porque, neste curso, o proxecto que imos traballar todo o centro, é “As Olimpiadas de Cabanas”

.

2. Exposición de ADORNOS de outono

(con follas, pauciños, landras, castañas,…)

 

3. CURTAS polo Samaín en galego.

Esta actividade consiste en gravar un pequeno vídeo de, como mínimo 1 minuto de duración e non máis de 5 minutos, no que se fale en galego con temas de Samaín.

Podedes facelo en familia, c@s amig@s do cole, individuais, con disfraces, obxectos de medo,… Empregade a imaxinación para sorprendernos a tod@s!!!

 

Destas tres opcións de actividades podedes facer, as tres, dúas delas ou unha soa.

As cabazas pódense traer a partir do MARTES 24 de OUTUBRO e voltarán á casa o MARTES 31.

 

Para poder recoñecelas non esquezades ponerlle o nome e o curso.

As curtas podedes envialas gravadas nun PEN DRIVE e que as entreguen aos profes.

O día 31 o alumnado poderá vir vestido ao cole de pantasmas, morcegos, bruxas, esqueletos, monstros,… Reciclade bolsas de lixo, roupas vellas, maquillaxes, ….

 

Animádevos a participar para celebrar o Samaín dun xeito

divertido e creativo!!!

 

Pinchade aquí se queredes descargar o programa en PDF.

 

1
2
3
4
5
Distribuir contido


by Dr. Radut