Este proxecto é unha iniciativa colaborativa na que a biblioteca escolar "A fraga dos soños" se converte no epicentro da promoción de valores transversais no noso centro educativo (CEIP Fermín Bouza-Brey). En asociación con outros mestres/as, buscamos enriquecer a experiencia educativa do noso alumnado a través da lectura e da reflexión.