Skip to Content

DIA DA PAZ

Celebramos o día da paz xogando ao rosco de palabras sobre a paz. Cada clase elexiu unha palabra segundo a letra que se lle asignou e elaborou unha definición. O día 31 xuntámonos todos/as e os representantes de cada clase ía lendo a sua definición mentres  os demaís tiñan que adiviñar a palabra.

Álbum: curso 2019/2020 -> dia da paz

NOTA IMPORTANTE

CONCURSO DE DESEÑO EN 3D

Primeiro concurso de deseño de 3D para o alumnado de 6º de primaria. O obxectivo é diseñar o agasallo para os participantes do Multixogo que se celebrará no noso centro no mes de febreiro.

Preme na imaxe para informarte e anímate a participar!!!

TEATRO SOBRE A CORRESPONSABILIDADE

O día 4 de decembro, algúns nenos e nenas do cole interpretaron unha obra de teatro organizada pola ANPA.  A temática estaba dirixida a concienciar da importancia dunha distribución equitativa e democrática das responsabilidades e actividades domésticas, que se traduce nun reparto equitativo entre os dous sexos dos tempos de producción , coidado das persoas, tarefas domésticas e tempo de descanso.

 

Álbum: curso 2019/2020 -> CORRESPONSABILIDADE

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita da escritora, contacontos e actriz galega Paula Carballeira.A autora dos libros "A tartaruga Amodovou" e " Bruxa e familia" amenizounos a mañá coas súas fantásticas historias. Si entrades no apartado da radio escolar podedes escoitar a entrevista que lle fixeron os/as nenos/as de segundo, terceiro e cuarto.

Álbum: curso 2019/2020 -> VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

BEN CHO SHEY INÉDITO

O escritor, mestre e investigador ourensán Xosé Ramón Fernández-Oxea, Ben Cho Shey, foi o protagonista literario onte na presentación da súa biografía, Ben Cho Shey inédito, obra do escritor Paco López-Barxas, no noso colexio. O acto contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do autor do libro; do alcalde da localidade, Luis Menor; do editor Xosé A. Perozo, do director do centro, Antón Gómez e dos nenos/as  e mestres do centro.

.

FLORA E FAUNA DE CACHAMUIÑA

Proxecto realizado polo alumnado de 4º de E. P. durante o curso 2018/2019
Con este traballo, pretendemos acercarnos ao coñecemento da realidade do noso entorno natural para visibilizalo xerando actitudes de protección do mesmo.

CAMPAÑA SOLIDARIA

O noso cole participa na campaña solidaria organizada polo Concello de Pereiro de Aguiar.Temos instalado no centro un arcón para recoller alimentos non perecedoiros . Estos alimentos serán distribuidos polo concello entre as familias sen recursos. 

Anímate e colabora!!!!

 

25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende o CEIP BEN-CHO-SHEY queremos aportar o noso pequeno gran de area neste día. Porque o temos claro, porque contra calquera tipo de violencia soamente hai unha palabra posible: NON.

Cuídame.Letra: Jorge Drexler y Pedro Guerra. Interpreta: Canto Alegre.

 

Magosto 2019/2020

O venres 8 de novembro celebramos o magosto no cole . Despois do recreo fixemos unha xuntanza para comer as castañas eo boliño preñado. Rematamos o día con xogos tradicionais galegos e baile.

Álbum: curso 2019/2020 -> Magosto 2019/2020
Distribuir contido


by Dr. Radut