Skip to Content

Benvida

                                                                                                                                       BENVIDOS AO   

                                                                                                                 C.E.I.P. PLURILINGÜE BEN-CHO-SHEY 

 

 

Enderezo: Lugar A Chaira s/n, 32710 - Pereiro de Aguiar

Ensinanza: Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 988 259 454

Correo electrónico: ceip.benchosey@edu.xunta.es

ENTREGA DE PREMIOS "AS IMAXES DO PATRIMONIO"

Este venres, o alumnado de sexto de primaria desprazouse a Vigo para participar no acto de entrega de premios do 7º Certame “As imaxes do Patrimonio” Inmaterial Galego-Portugués. Alí recolleron o segundo premio outorgado á nosa alumna, Leire Blanco, polo seu traballo “Alambique”. Parabéns!!
 
 
 


 

Álbum: CURSO 24/25 -> ENTREGA DE PREMIOS "AS IMAXES DO PATRIMONIO"

MAGOSTO 2024

O pasado venres 8 de Novembro, celebramos a festa do Magosto no Cole. Contamos coa colaboración do Concello para asar as castañas, comemos bolos preñados, bailamos ao son da música e fixemos un montón de xogos. Pasámolo moi ben!!

Álbum: CURSO 24/25 -> Magosto

ME GUSTA MI RÍO, ENSÉÑAME A CUIDARLO

Na data do 4 de novembro, o alumnado de 5º de Primaria, tiveron unha primeira saída o río, organizada dende a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Fomentando a educación e sensibilización ambiental da poboación, dende a infancia, potenciando o valor ambiental dos ríos e a concienciación sobre a importancia da protección e conservación dos ecosistemas fluviais.

A localización da saída estivo centrada no río Lonia, na área recreativa de Santa Marta de Moreiras. Unha vez alí, fixeron unha presentación xeral e constituíronse as equipas. Entregáronlle a cada alumno unha mochila co material necesario para o proxecto.

As actividades estiveron separadas en catro estacións de investigación de 35 minutos aproximadamente. No medio de ambas, tivemos un ágape con bica, chocolatada, froita, zume,... a verdade prestóunos moito!

O derradeiro punto foi unha avaliación grupal das actividades, a despedida do grupo e volta para o colexio.

Foi unha gran xornada de traballo de campo.

Parabéns a todos!

Álbum: CURSO 24/25 -> ME GUSTA MI RÍO, ENSÉÑAME A CUIDARLO

SAMAWEEN NO BENCHO

MENÚ NOVEMBRO

ASOCIACIÓN DANO CEREBRAL ADQUIRIDO (DCA)

O luns 14 deste mes tivemos a sorte de contar con Tatiana, Lina e Samuel, da Asociación Dano Cerebral Adquirido (DCA), no noso Cole que a través de diferentes actividades: informativas e lúdicas co alumnado de 5º e 6, axudaron a entender mellor estes casos. Grazas. 

Álbum: CURSO 24/25 -> Asociación daño cerebral adquirido (DCA)

MENÚ OUTUBRO

AS IMAXES DO PATRIMONIO

O curso pasado as nosas compañeiras Leire de 5ºEP e   Eire de 1ºEP  participaron coas suas fotografías familiares no VII certame de fotografía "Imaxes do Patrimonio" convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas. A fotografía presentada por Leire acadou o 2º premio de Ensino primario.

Grazas as duas por participar e noraboa a Leire.

Se premedes no enlace podedes ver todas as fotos presentadas e as premiadas.

https://escolasnasondas.com/vii-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimon...

Anímadevos a participar o próximo ano!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut