Skip to Content

O Equipo dos Minigrandes

Actividade bolos celtas

Esta mañá o alumnado de Infantil e Primaria do CEIP Plurilingüe de Belesar desfrutaron, por quendas, dunha xornada de bolos celtas no campo da Estivada, enmarcada dentro do contrato programa subscrito polo centro “Promoción da actividade física en horario lectivo”. Nesta actividade colaborou a oito veces campioa de España Blanca Lago Misa, que estivo durante toda a xornada compartindo co noso alumnado a súa ampla experiencia, explicando e dando a coñecer aos distintos grupos as regras deste xogo para que, posteriormente, cada neno puidera practicar e gozar desta interesante actividade.


O alumnado de Educación Infantil estivo moi atento as indicacións e prácticas dos seus compañeiros de Primaria, para logo desprazarse ao campo de fútbol anexo onde puideron dar continuidade á proposta, desfrutando e compartindo coas súas mestras, distintos xogos tradicionais: bolos, corda, petanca...


Con esta actividade preténdese por en valor os xogos da nosa contorna como ben cultural

 

 

 

Proximamente máis fotos... Risa

O reto do equilibrio!

Aquí está o vídeo dos vosos equilibrios con papel hixiénico. Canta creatividade e canta paixón lle puxestes! Ben feito!

#Sairemostodosxuntos #Belesarenforma


 

LEVAMOS OS TRABALLOS PARA CASA

Tras un primeiro trimestre no que traballamos moi ben, toca facer o cartafol para amosar os nosos traballos na casa. Ademais, a última semana do trimestre a adicamos ao Nadal, elaborando postais e preparando o festival no que bailamos e cantamos para as nosas familias. Aquí unha mostra do material, así como unha foto dunha das actividades coas que máis aprendemos, a través do libro da Casa da Miña Avoa.

 

 

 

CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DE IZAN E NOEMI

No mes de decembro celebramos os aniversarios de Izan e Noemi, que ademais de agasallarnos cuns doces caseiros boísimos (dos que non deixamos nin as migallas), tamén nos contaron a través dalgunhas fotografías momentos especiais das súas vidas. Felicidades aos dous!

 

ALGÚNS RECANTOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Velaquí unha pequena mostra das actividades que facemos na aula de 5 anos. Os nenos e nenas aprenden a través do xogo os conceptos básicos, palabras novas, os números ou as formas e as cores.

 

 

 

 

VISITA DOS PAIS DE NOEL

O pai de Noel, da aula de 4 anos, é pescador, e viu ao cole para contarnos, coa colaboración da mamá de Noel, como se pescan os polbos, os camaróns, os ourizos, e tamén os percebes, que é o máis perigoso de todo, porque pode levarte unha onda forte. Os nen@s aprenderon moito sobre as artes de pesca e as diferentes técnicas, e tamén o importante que é para estes profesionais traballar en equipo e de forma segura.

A LECTOESCRITURA NON TEN SEGREDOS PARA ESTES NEN@S

 

Un dos recantos non que máis traballamos este trimestre foi o da lectoescritura, con diferentes materiais e propostas, como estas letras móbiles de madeira.

TRABALLAMOS NOS RECANTOS

Os nenos e nenas de 5 anos comezan o curso aprendendo a traballar nos recantos. Aprendemos xogando!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OS PICUCOS E AS PICUCAS NO ENTROIDO: DÍA 5

          

OS PICUCOS E AS PICUCAS NO ENTROIDO: DÍA 4

          

Distribuir contenido


by Dr. Radut