Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Colexio de Educación Infantil e Primaria de Belesar
Estivada, 46. BELESAR – 36307 BAIONA (Pontevedra)Tel e Fax 986 353015-
Presentación
Aquí atoparás información moi práctica sobre o funcionamento da nosa escola. Na reunión cos titores se tratarán dúbidas e os temas máis importantes de cada nivel. Invitamos ó diálogo e ó entendemento entre os pais e os mestres para que os nenos e nenas aproveitan a vida da escola para o seu crecemento persoal. Deste entendemento xurde o éxito escolar.
Na medida que a sociedade e a cultura cambian, a escola e a familia debemos evolucionar e se o facemos xuntos asegurámoslles que para o neno moito mellor.
O noso horizonte educativo é promover a autonomía dos alumnos-as, non só nos aspectos cognitivos; senón no seu desenvolvemento emocional e social.
A educación non só debe incidir na adquisición dos bos hábitos individuais senón tamén no seu proceso de socialización.
A educación debe proporcionar información sobre os problemas, e tamén sobre as medidas para o cambio de actitudes e o arraigo de valores.
Beneficia a todos ter presente en todo momento que o verdadeiro protagonista é O NENO OU A NENA.
Claustro de mestres-as.
INFORMACIÓN BASICA DO COLEXIO
- Ø Nome do centro: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Belesar
- Ø Enderezo: Estivada, 46 (Belesar) 36307 Baiona
- Ø Teléfono: 986 35 30 15
- Ø Fax: 986 35 30 15
- Ø Correo electrónico: ceip.belesar@edu.xunta.es .
- Ø Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbelesar
- Ø Horario de oficina:Martes de 16.00 a 18.00
- Ø Niveis académicos que se imparten no centro: Educación Infantil (de 3 a 6 anos) e Educación Primaria (de 6 a 12 anos)
- Ø Xornada escolar:
- § Horario lectivo de 8.50 ata 13.50.
- § Comedor Escolar de 13.50 ata 16.00
- § Actividades Extraescolares de 16.00 a 18.00 (agás o venres)
- Ø Equipo e instalacións do centro.
- § Patio interior cuberto que facilita as actividades interaulas.
- § Aulas amplas e ben iluminadas organizadas por recunchos.
- § Patio exterior con campos de futbito, baloncesto e areeiro.
- § Aula de usos múltiples para Psicomotricidade e outras actividades.
- § Ampla aula de Informática con 12 equipos multimedia conectados en rede con Internet.
- § Aulas específicas de Música, Pedagoxía Terapéutica, Logopedia e Biblioteca.
- § Comedor escolar con dúas coidadoras.
- Ø Centros adscritos: Colexio Público Integrado de Covaterreña para cursar E.S.O.
- Ø Transporte escolar: transporte escolar gratuíto dende os Pistas de tenis de Monterreal pola Medialdea e o Urgal ata A Granxa.
- Ø Información importante do centro educativo.
- § O Colexio disfruta dun ambiente moi familiar e acolledor pola boa disposición das familias e os mestres para que o neno se sinta a gusto na escola.
- § Os alumnos e alumnas contan con máis medios, máis materiais curriculares e recursos que os que ofrecen os Libros de Texto polo réxime económico aprobado polo Consello Escolar
- § O Claustro de Profesores está formado por un equipo de especialistas, psicóloga, logopeda e pedagogo inscritos nos programas de formación e actualización en centros. Proxecto europeo "Discover the European region"
- § Clases de Informática, Inglés con profesores especialistas dende os 3 anos.
- § Aprendizaxe da lecto-escritura cun enfoque global e constructivista a partir dos 3 anos. Potenciación das técnicas instrumentáis.
- § Programas de Animación á Lectura co agasallo de libros para que cada neno e cada nena constrúan a súa colección na Biblioteca Familiar.
- § Elaboramos a Axenda Escolar, a Libreta Viaxeira, o CD viaxeiro coas fotos das actividades, a Guía Escolar para as familias e a Revista Escolar "O balcón do Val Miñor" que enriquecen a vida da escola. Funcionamento da Páxina Web onde recollemos as actividades do curso.
- § Realizamos ó longo do curso moitas Actividades Complementarias: visitas escolares a comercios, a fábricas, a aulas de natureza, teatro, concertos, museos, exposicións, competicións de deporte escolar, campamentos, celebracións, concursos e festas de convivencia polas tardes. Exposición interdisciplinar entre tódolos cursos "O cine e a literatura").
- § A A.N.P.A xestiona o Comedor Escolar e desenvolve as seguintes Actividades Extraescolares: Multideporte, Futbito, Baloncesto, Balonmán, Lucha Libre olímpica, Teatro, Inglés, Danza Oriental, ,Tenis nas instalacións do Monterreal e Natación na piscina de Ramallosa ou na Piscina Monterreal. Aerobic para adultos.
CALENDARIO ESCOLAR
Segundo a orde do 29 de maio de 2008 pola que se aproba o calendario escolar 2008- 2.009, as clases comezarán o día 11 de setembro do 2008e rematarán o 22 de xuño de 2009.
Períodos vacacionáis
As vacacións de Nadal abranguerán desde o día 22 de Decembro de 2.008 ata o día 7 de xaneiro do 2.008 (ámbolos dous inclusive).
As vacacións de Semana Santa serán desde o día 6 ó 13 de ab ril de 2.009 (ámbolos dous inclusive).
Considéranse períodos non lectivos os días correspondentes ó Entroido: 23, 24 e 25 de febreiro de 2009)
Días Festivos
Co fin de unificar as celebracións dos patróns de cada nivel educativo, establécese o DIA DO ENSINO coa consideración de non lectivo e se celebrará o 20 de marzo de 2009.
Festivo local en Baiona e non lectivo é o 26 de setembro de 2007.
O Consello Escolar propón día non lectivo en base a razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica: 15 de maio de 2009 (solicitado a Delegación).
Xornada Escolar. Horarios.
A xornada lectiva é de 8.50 a 13.50. horas
O comedor de 13.50 ata 16.00 horas
O colexio está tamén aberto (biblioteca, actividades extraescolares,...) de luns a xoves de 16.00 ata 18.00 horas.
Nais e pais non poden entrar ás aulas cando os nenos están na clase. Avisar ó Conserxe para recoller ó neno.
É importante a puntualidade para non interromper o funcionamento das clases.
Cadro de Titorías
Infantil 3 e 4 anos: Rosa Mª Salgado Sampedro
Infantil 4 e 5 anos: María Cristina Jácome Outeiriño
Primeiro: Mª del Carmen Fernández Simón
Segundo: María Paz Rodríguez Peleteiro
Terceiro: Lucía San Miguel Briones
Cuarto: Carmen Quintas Blanco (Xefa de Estudios)
Quinto: Juán A. Soto Veleiro
Sexto: Manuel Rodríguez Álvarez
Especialidades:
Pedagoxía Terapéutica: María Adelaida Vaamonde Salgado
Educación Física: Ángel Manuel Novoa (Secretario)
Música e Informática: Ramón Pérez Mariño
Inglés: Paulino Iglesias Martínez (Director)
Inglés : Xan Lois Lomba Alonso
Relixión: Maribel Prieto Prieto
Orientador Educativo : Eduardo Ares Vieito
Audición e Linguaxe: Mónica Seara Pérez
HORARIOS DE ATENCIÓN A NAIS E PAIS
Entradas e saídas de persoas do centro:
Entradas:
O alumnos e alumnas que chegan no primeiro autobús ás 8.30 irán para o patio interior e o patio exterior e serán coidados ata as 8.40 polo Conserxe do Colexio.
Desde as 8.40 h. ata as 8.50 h. que chegan os dous autobuses e os demais nenos que veñen en coches particulares serán coidados polos mestres que teñen garda ese día no recreo.
|
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
PRIMARIA
|
MARÍA
|
ADELAIDA
|
CARMEN Q.
|
LUCÍA
|
RAMÓN
|
PAULINO
|
PAZ
|
RODRÍGUEZ
|
XOAN
|
NOVOA
|
INFANTIL
|
CRIS
|
MARIBEL
|
ROSA
|
CRIS
|
ADELAIDA
|
ROSA
|
CRIS
|
CRIS
|
ROSA
|
ROSA
|
Saídas:
As 13.50 as titoras xunto co Conserxe controlarán que os nenos non perdan o autobús respectivo.
Desde as 13.50 ata o dobraxe do autobús 14.10 o Conserxe do Colexio coidará dos nenos e nenas.
As nais e pais durante a entrada, saída e desenrolo das clases nunca deben pasar ó patio nin as aulas porque distraen, interrompen e molestan a vida escolar e a intimidade dos alumnos-as e dos mestres.
Nas entradas e nos recreos os nenos son coidados polos mestres de garda. No resto da xornada por tódolos profesores.
Se queren dar algún recado falen co Conserxe (Eduardo) que avisará ó profesor-a respectivo. Se teñen que recoller ó neno en horas de clase rogamos cubran o impreso que lle dará o Conserxe e el encararase de ir a buscar ó neno.
Dirección :
Martes, Xoves e Venres de 10.30 A 11.45
Secretaría :
Luns e Mércores de 8.50 a 10.30
Xefa de estudios:
Luns, Martes e Venres de 13.00 a 13.50 horas
Profesores titores ou profesoras titoras:
Martes de 17.30 a 18.00. Tardes de garda. Solicitar entrevista para que o titor poida preparala con tódolos profesores.
Orientador Escolar: Concertar cita
Audición e Linguaxe:
É moi importante solicitar a cita previa para preparar a entrevista e que non coincida cunha reunión de traballo dos mestres.
A entrevista pode ser solicitada polos pais á mestra.
Se ten problema de acercarse ata escola pode chamarnos por teléfono nese horario sinalado anteriormente. (Tlf. 986 353015).
É moi importante manternos en contacto .
Consello Escolar
É o órgano de goberno do colexio que representa a todos e que toma as decisións máis importantes da escola.
Representantes dos mestres: Paulino Iglesias, Carmen Quintas, A.Manuel Novoa, Lucía San Miguel Briones, Mª del Carmen Fernández Simón, Rosa Mª Salgado Sampedro e Ramón Pérez Mariño.
Representantes das nais e pais: Ángela Norma, Emilia Giráldez Ramírez, Miriam Mar Costas Iriarte, Mercedes Pérez Santana
e Guadalupe Freire Fernández.
Representante do Concello: A concelleira de Educación: Rosa Ana Marcote Guillén.
Representante do persoal non docente: Eduardo Alejos
Asociación de Nais e Pais:
Procuran recoller as inquedanzas das familias, fomentan a colaboración coa escola e a convivencia por medio de actos e actividades diversas. Colaboran nas festas de Nadal, Entroido e Fin de curso. Ó longo de todo o curso organizan as actividades extraescolares e xestionan o comedor escolar.
Está formada por José Luis Valverde (presidente) Guadalupe Freire (secretaria), Ángela Norma Táboas (vicepresidente), Mª del Carmen Román (Tesoreira), Carmen Alonso, Emilia Giráldez, Mª Carmen Román, María Rodríguez, Mª del Carmen García e Begoña Domínguez.
INFORMACIÓN SOBRE AS ASIGNATURAS
Inglés en Infantil:
"Proxecto de anticipación da aprendizaxe de lingua inglesa" . Os nenos de 3, 4 e 5 anos contan con dúas sesión semanais de inglés para inicialos na aprendizaxe deste idioma. Son estas idades temperáns as máis axeitadas para iniciarse neste aprendizaxe.
Inglés en Primaria
En 1º e 2º teñen dúas sesións semanais e en 3º, 4º,5º, e 6º teñen tres sesións semanais. O teu fillo ou filla aprenderá inglés co libro de texto BUGS (Heinemann-MacMillan). Ademais de facer da aprendizaxe do inglés algo motivador e ameno; Bugs asegura un progreso sistemático no desenrolo das actividades comunicativas e unha bases sólidas de vocabulario, pronunciación e comprensión que conducirán a unha aprendizaxe satisfactoria.
Na escola faremos unha gran variedade de actividades estimulantes para fomentar o uso activo da linguaxe; pero vostedes poden e deben axudar ós seus fillos:
- - Animalo e amosar interés polo que vive na escola
- - Minilibros e recortables que levarán para casa. É importante que valores todo o que fai na escola.
- - CD de cancións. Dun xeito lúdico debe aprender as cancións deste CD. Levará en propiedade este CD de cancións. As cantamos na aula e as repasamos na casa.
- - CD Rom para o ordenador. Na escola dedicaremos algúns días na aula de informática a aprender coa axuda do ordenador. Tamén levará en propiedade para a súa casa este CD Rom para que xogue e practique inglés na casa.
- - DVD. Na escola tamén veremos e faremos actividades relacionadas coas unidades que estamos aprendendo.
Educación Física:
Recoméndase que traian roupa para cambiarse despois da actividade.
É moi importante fomentar hábitos de hixiene dende pequenos. Se algún neno ten algún problema que fale co profesor.
Proxecto Europeo. Acción Comenius 1. Proxectos escolares.
O Colexio de Belesar coordina o proxecto titulado: "Discover the European regions". Neste proxecto participamos 8 escolas de diferentes países: Polonia, Finlandia, Dinamarca, Italia, Eslovaquia i España.
A finalidade do proxecto é coñecer a cultura das rexións europeas a través das actividades culturais que se desenvolven en cada escola.
Cada unha das escolas elaboramos artigos de revista escritos en Inglés e os colocamos na páxina web do proxecto para que os demais as lean, as coñezan e as difundan na súa lingua vernácula entre todos os alumnos:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbelesar/discover/index.htm
Este curso 2008/2009 faremos artigos sobre o medioambiente de cada rexión. Falaremos sobre os parques naturais, traballaremos hábitos de coidado do medio ambiente e para un desenrolo sostible e celebraremos o día do medio ambiente (5 de xuño). Tamén temos unha galería de fotos das experiencias. E os mestres tamén recollemos as actividades que realizamos nos encontros de mestres que temos nos países participantes.
Encontro de mestres de Europa no Colexio de Belesar
Dende o 11 ata o 16 de maio visitarán a nosa escola e a nosa rexión o mestres participantes no Proxecto Comenius: "Discover the European Regions".
O Calendario de actividades orientativo, aínda sen concretar será:
Domingo 10: Chegada a baiona
Luns 11: Benvida na escola ós mestres e mestras. Visita guiada no Concello de Baiona.
Martes 12: Traballo no proxecto. Visita ó Concello. Visita ás Rías Baixas.
Mércores 13. "Día das Letras Galegas". Os mestres invitados realizan obradoiros nas clases. Pola tarde celebramos coas familias o Festival das Letras Galegas. Invitamos a todos a participar neste encontro.
Xoves 14: Visitas escolares. Visita guiada a Vigo.
Venres 15: Visita guiada a Santiago de Compostela.
Sábado 16: Os mestres invitados regresan ó seu país.
Procuraremos sensibilizar ós alumnos e alumnas das culturas doutros países asemade amosar a nosa cultura ós demais colexios de Europa. Contamos coa colaboración das familias no aproveitamento desta formidable experiencia.
Audición e Linguaxe.
Na escola dispoñemos dunha especialista en Audición e Linguaxe que atende ós nenos que manifestan algunha dificultade no ámbito comunicativo lingüístico.
Aconsellamos en Infantil os nenos tomen alimentos sólidos non triturados para fortalecer a musculatura buco- facial e deste xeito mellorará a producción da fala.
E tamén moi aconsellable estimular a linguaxe na casa mediante conversas con eles, xogos de preguntas e respostas, lectura de contos, e demais xogos que se vos ocorran a vos... O obxectivo e que o neno fala e que os pais lle proporcionen un modelo correcto de fala, evitando infantilizar a linguaxe , repetindo o que din os nenos ( guagua referíndose a can, popo referíndose a coche, etc...,
É moi aconsellable en Infantil acudir ó Pediatra para solicitar unha revisión dos órganos que interveñen na fala (oído e vías respiratorias). A experiencia nos di que moitos dos problemas que presentan os nenos na linguaxe son debidos a deficiencias nestes órganos (vexetacións, astigmatismo, perdas de audición leves que ós adultos nos pasan desapercibidas)
Informática
A aula de informática está en funcionamento cunha sesión semanal dende os 3 anos de Infantil ata 6º de Primaria.
En Infantil e 1º ciclo de Primaria trabállanse xogos educativos que desenrolan capacidades e destrezas propias da súa idade.
En 3º, 4º, 5º e 6º ademais de xogos educativos iníciase os nenos no manexo de Windows, procesador de textos, Internet e Power Point.
A páxina web do colexio podédela ollar en Internet no enderezo:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbelesar/ , procuramos ir actualizándoa ó
longo dos cursos.
Plan de introdución das tecnoloxías da información e da comunicación
A aplicación das TIC ao traballo da aula convértese nunha peza clave na educación e formación das novas xeracións. A súa importancia social e o lugar preferente que ocupan xa na vida dos nenos e das nenas, fai que deban estar presentes nos centros educativos, de modo que aqueles que adquiran os coñecementos e habilidades sonecesarias para abordar con garantía de éxito a súa utilización nos contornos de aprendizaxe, familiares e de lecer.
Trátase de que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha competencia dixital. Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das TIC como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.
Música e Expresión Corporal
Dentro dos proxectos do CEIP Belesar está a ilusión de tender unha ponte entre a ciencia e a arte, coñecemento e emocións. Conscientes da importancia de crear sensibilidades e estimular sentimentos estéticos, ofrecemos na nosa aula de música non só unha linguaxe universal, senón tamén un instrumento de compaña, de enriquecemento persoal e de entretemento.
Algunhas actividades que se realizan na aula de Música:
- - Música e movemento: executamos sinxelas danzas adaptadas a cada idade.
- - Iniciación á linguaxe musical: lemos e escribimos sinxelas composicións musicais no pentagrama.
- - Audicións e educación audioperceptiva : escoitamos anacos seleccionados de obras clásicas e modernas.
- - Expresión instrumental: utilizamos instrumentos de pequena percusión, xilófonos, metalófonos e a partir de 3º comezamos a ensaiar coa frauta doce.
- - Expresión vocal e canto: cantamos procurando entoar axeitadamente cancións infantís propias da súa idade.
- - Asistimos a concertos didácticos que son previamente preparados na aula.
Xa que só temos unha hora á semana de clase de música, os nenos, a partir de que comezan coa frauta doce deben procurar ensaiar na súa casa aquelas cancións de frauta que son explicadas e executadas na clase para así poder avanzar e axilizar os contados musicais.
As familias controlar o horario de cada día da axenda para que non esqueza na casa o libro ou a frauta e deste xeito perder a hora a semana da música.
Orientación Educativa
Este centro está adscrito os servicios do Orientador do C.P.I. de Covaterreña que xa colabora coa nosa especialista e Pedagoxía Terapéutica
Plan de convivencia escolar
O Departamento de Orientación Escolar dirixido por Eduardo Ares Vieito infórmavos do plan de convivencia escolar que estamos desenvolvendo na escola.
O curso pasado enviámoslles un cuestionario co obxectivo de adoptar unha serie de medidas integrais de mellora de convivencia. Facendo unha valoración das súas respostas trasladámoslles unhas ideas básicas que poden promover e manter unha actitude positiva cara as relacións cos seus fillos e fillas.
- F Axudade ao neno ou nena a facer amigos, porque nada contribúe máis ao seu desenvolvemento e autoconsideración.
- F Loubádeo cando se relacione, xogue con outros ou comparta cousas.
- F Contádelle contos, historias, exemplos do bo e necesario que é ter amigos e amigas.
- F Buscade a mellor maneira de introducilo en xogos e actividades de grupo, preséntandolle novos amigos e facilitándolle contornos onde os poidan coñecer.
- F Dade exemplo: falade, xogade, sede afectivos co neno ou nena e cos adultos.
- F Acostumalos a xogar cos nenos e nenas da súa idade, sen rexeitar aos outros polo seu aspecto, deficiencia...
- F Acostumalos a recoñecer os sentimentos dos compañeiros e compañeiras, preocupándose do que lle gusta ou molesta.
- Ø Procurade que aproveiten o deporte como unha boa ocasión para aprender a convivir, respectar as reglas de xogo, evitar palabras groseiras cando se perde, disfrutar máis do xogo que do premio, entender os fallos dos demais.
- Ø Estimular a ilusión por afeccións, lecturas... que os entreteñan e os axuden a formarse.
- Ø Moitas veces non é dificil comezar algo, senón continualo e levalo ata o seu fin. Hai que animar aos fillos a rematar aquilo que se empeza.
- Ø Inculcarlles o respecto hacia todas as persoas, sexan como sexan e non permitir que se burlen delas nin que lle poñan alcumes.
- Ø Facer que pida desculpas se pega ou insulta. O enfado e o desacordo débeo mostrar dun xeito socialmente aceptable.
- Ø Limitade razonablemente o tempo que adica a ver a televisión e a xogar con aparellos eléctricos ou "maquinitas".
- j Reflexionade cos vosos fillos e fillas sobre a importancia de ser tolerante con un mesmo, sabendo tamén das nosas imperfeccións.
- j Facelos conscientes de que os seus actos non son aillados, senón que repercuten en toda a vida familiar e escolar.
- j Explicarlles as circunstancias e necesidades doutros para axudarlles.
- j Presentar o esforzo como algo positivo entendendo que o que vale custa conseguilo.
- j Non debemos decirlle "pórtate ben" senón explicarlle que comportamentos concretos queremos do neno.
- j Unha reacción positiva é a táctica máis eficaz que as familias posúen para fomentar o bo comportamento dos fillos. Cando os fillos se porten ben recompensalos con palabras de eloxio, de ánimo ou concédalle un privilexio.
- j O establecemento de normas e de límites aos fillos e fillas é necesario para que eles aprendan a poñerse as súas propias normas e reglas.
- j As normas preparanos para asumir responsabilidades, xa que fóra da familia vanse atopar situacións que lle leven a cumprir normas ou a respectar límites e tamén haberá momentos nos que non poidan conseguir o que queiran ou que teñan que esperar para logralo.
- j Os límites proporcionan seguridade. Que a familia poña normas as súas conductas transmite aos fillos interese e isto lle da confianza. Darlle criterios claros para que os fillos os asuman e se convertan en hábitos.
- j Buscade o momento e o lugar axeitado para ter unha conversación.Falade cos vosos fillos e fillas nun ton tranquilo e sosegado.
- j Pedir opinión, cando sexa conveniente, aos vosos fillos, para que sinta que o seu parecer é importante.
- j Escoitade os vosos fillos e fillas de xeito activo. Prestando atención o que di. Senón nese momento non é posible, decirlles, cando estaredes dispoñibles. Adicarlles pequenos momentos e compartir actividades xuntos.
- j Estimular os pequenos proxectos que teñan con palabras alentadoras para potenciar as súas iniciativas sempre que sexan convenientes.
- j Acostumalos a colocar cada cousa no seu sitio.
- j Habitualos a coidar o aseo e a roupa.Non todos os nenos á mesma idade son capaces de facer o mesmo, polo que hai que coñecer a cada fillo e filla de xeito individual por medio da observación e da comunicación
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística de Galego
Este ano o E.N.D.L. ten como tarefa promover o uso do galego para que os nenos/as acaden unhas competencias boas no noso idioma. A lexislación actual sinálanos con claridade que un dos obxectivos finais ao que debemos chegar é conseguir que os nosos alumnos/as acaden unha competencia lingüística semellante nas dúas linguas oficiais. No estudio feito o ano pasado, os alumnos/as presentan un claro dominio do castelán, tanto na escrita como na fala, polo que será preciso reforzar a lingua galega, a súa dimensión en relación con contextos vivos, nas que o alumnado perciba a utilidade da lingua.
Este é un obxectivo de todos se queremos enriquecernos e posibilitar aos nosos nenos/as aumentar as súas competencias lingüísticas, perdurar as tradicións da nosa terra e darlles a posibilidade de sentir no idioma da súa terra.
Para elo temos que dotar o galego dun espazo no que eles se sintan cómodos/as e poidan expresarse sen temores.
Hai unha crenza de que o alumnado non saben falar en galego, sen embargo non lle pasa o mesmo co castelán. Por vivir nunha comunidade bilingüe temos moitas expresións, utilizamos moi poucas veces os verbos compostos,..., que fan que non usemos un castelán normativo, pero isto non parece importarlle, sen embargo co galego, a hora de usalo, sí que lle aparecen temores.
A lingua é un instrumento do pobo, que serve para expresarnos e deberíamos perder o medo e utilizalo indistintamente.
O E.N.D.L propón diversas actividades este ano encamiñadas a reforzar o galego: a celebración de festas como o Samaín, o Magosto, o Entroido, semana das letras galegas, os Maios,..., concursos literarios para motivar ao alumnado o gusto polos escritos en lingua galega, e un espazo no recuncho de normalización no que atopen xogos, sorteos e información da nosa cultura.
Animádevos a participar e lembrade que unha visión afable, moderna e útil da lingua galega depende de todos nós!
A NOSA BIBLIOTECA :
"emBELESARse coa lectura"
|
A nosa biblioteca ten nome e tamén lema. Dende a nosa Bibliobelesar queremos dinamizar o proceso de aprendizaxe dos nenos e nenas a través de múltiples actividades e programas que desenrolaremos ao longo do curso. Pretendemos que o noso alumnado adquira un hábito lector que o axude a crecer como persoa culta, reflexiva e crítica capaz de afrontar os retos da sociedade do coñecemento e a evolución tecnolóxica na que vive.
Este curso o noso centro foi seleccionado, xunto a outros 69 en toda Galicia para incorporarse ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares Galegas(DOG 5/09/08). Grazas a este recoñecemento recibiremos dotacións que nos permitirán levar adiante o noso Proxecto de Biblioteca e beneficiarnos das múltiples ventaxas de estar neste plan de innovación educativa.
Como cada curso contamos de forma moi especial coa axudado ANPA e das familias do CEIP DE BELESAR, que a través do seu apoio, colaboración e aportacións están enriquecendo este proxecto no que todos e todas CONTAMOS MOITO
|
Dende a libreta viaxeira en Educación Infantil á axenda escolar en Educación Primaria.
A escola facilita unha libreta viaxeira ós alumnos de Infantil e unha axenda escolar ós alumnos de Primaria.
Esta é unha fermosa ferramenta para que o neno aprenda a organizarse e responsabilizarse das súas tarefas. Tamén nos facilita a comunicación entre a familia e a escola
TODOLOS DIAS cada nai, pai ou familiar debe ver as novidades que trae o neno da escola nesa libreta viaxeira ou na axenda escolar para axudalo na súa organización.
Deberes
Non teñen porque ser pesados e aburridos.
A finalidade dos mesmos é reforzar ou ampliar as destrezas básicas e iniciarse no traballo autónomo.
Ás veces poden ser traballos de investigación ou consulta.
Outras veces é o xeito de aproveitar a oportunidade para que o neno nos conte as experiencias que ten fora da escola.
E moitas veces unha oportunidade para compartir unha lectura entre fillo e nai ou pai.
A vosa actitude e apoio na realización dos deberes é un pulo moi importante para o neno.
Este rato de encontro entre nai e fillo consultando a axenda da escola ten que ser un rato agradable e aproveitado para animar o neno en todo o que fai na escola. Se non é así fala co mestre para que vos axude a que así sexa.
PROGRAMAS DE ANIMACIÓN A LECTURA.
Na escola xa utilizamos a Biblioteca de aula na que os nenos intercambian os libros que lles mercan os seus pais.
Tamén imos como mínimo unha hora a semana á Biblioteca do colexio para ler, comentar o que lemos e levar libros prestados para casa. Imos desenvolver o proxecto "O cine e a literatura" no que realizaremos actividades de animación lectora.
Este ano continuaremos co proxecto da Biblioteca familiar. A escola quere axudarvos a que cada neno e nena comecen a formar a súa biblioteca na súa habitación ou cuarto de estudio.
O titor xunto cos seus alumnos-as escollerán un título dun libro . Ó longo do ano lemos e traballamos ese libro na clase. Cada neno levará o seu libro agasallado para a súa biblioteca de casa.
Deste xeito cando remate na nosa escola xa terá como mínimo 7 libros, ademais dos que lle merquedes ou regaledes nas festas as familias.
Claves para que teu fillos lean: "Lembra, si te les eles tamén"
-Estimulalos constantemente para que se acerquen con gusto ós libros.
-Os hábitos de lectura conséguense gradualmente.
-Non obrigar a ler pero si facer da lectura un feito cotiá, tan natural como comer, xogar ou durmir.
-Os libros colocaranse en lugares accesibles, do mesmo xeito que poida estar calquera xoguete.
-Comeza a formar a súa biblioteca dende que nace. Para os nenos son moi importantes os seus primeiros libros.
-No colexio as mestras e mestres favorecemos a lectura na aula. Potencia ti apoiando os nosos intereses.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Segundo a orde do 29 de maio de 2008 pola que se aproba o calendario escolar 2008- 2.009.
Entendemos por actividades complementarias aquelas que se realizan no horario lectivo ou ampliado e teñen unha organización ou particularidade que as distingue: asistencias a variados actos culturais, intercambios de experiencias entre as clases, convivencias coas familias,etc.
A maioría destas actividades son aproveitadas con traballos didácticos nas aulas, que enchen de significado a aprendizaxe dos nosos alumnos-as; e desenvolven a súa sociabilidade e cultura.
As actividades que sinalamos a continuación poden ser sometidas a variacións polo que estes cadros son totalmente orientativos.
DATAS
|
ACTIVIDADES CULTURAIS E SOCIAIS
|
Outono
|
Celebración do Samaín.
|
Outono
|
Celebración do Magosto no Chan da Lagoa.
|
O Xoves 18 de Decembro
|
Celebramos a festa do Nadal coas familias pola tarde de 4 a 6.
|
Mércores 30 de xaneiro
|
Día da Paz. Facemos un acto conxunto no Patio central
|
O xoves 19 de febreiro
|
Entroido. Desfile de comparsas e festa coas familias pola tarde.
|
Venres 6 de marzo
|
Día da Muller Traballadora (8 de marzo).
|
Do 9 ó 31 de marzo semana da prensa
|
Traballarase cos xornais.
|
23 de Abril
|
Día do Libro con moitos actos entre as aulas
|
8 de maio
|
Día de Europa (9 de maio)
|
13 de maio
|
Festival Semana da Letras Galegas."Colexios de Europa descubren a cultura galega.Participación das familias pola tarde.
|
5 de xuño
|
Día Mundial do Medio Ambiente.
Plantacións e traballos de natureza
|
O venres 19 de xuño.
|
Festa de fin de curso coas familias pola tarde
|
Xuño
|
Publicación da revista "O balcón do Val Miñor"
|
Visitas culturais. (orientativas, pendentes de confirmación)
CURSOS
|
LUGAR
|
ACTIVIDADE
|
Infantil
|
Teatro Salesianos. Vigo
|
"¡Cómprame eso!". Eina descola
|
Infantil
|
Teatro Caixanova
|
Solicitadas: "La gallinita churra"
|
Infantil
|
Ramallosa
|
"Indiana Bill"
|
Infantil
|
Ramallosa
|
Cine
|
Infantil, 1º e 2º
|
Gondomar
|
Rosquillas Cristaleiro
|
Infantil
|
Belesar
|
Fábrica de Augasana
|
Infantil
|
Vigo
|
"Aeroporto"
|
Infantil
|
Vigo
|
Tren
|
Infantil
|
Vigo
|
Museos
|
Infnatil e 1º
|
Teatro Caixanova
|
"Escenas Musicais"
|
Infantil e Primaria
|
Sin determinar
|
"Excursión fin de curso
|
Infantil e Primaria
|
Chan da Lagoa
|
"Celebración do Magosto"
|
Infantil e Primaria: 1º,2º,3º e 4º
|
Teatro Salesianos
|
Eina d'escola: "Cómprame eso"
|
1º e 2º
|
Teatro Caixanova
|
"Lío en la granja"
|
3º e 4º
|
Teatro Caixanova
|
"Los músicos de Bremen"
|
5º e 6º
|
Teatro Caixanova
|
"Marco Polo"
|
1º, 2º e 3º
|
Teatro Caixanova
|
"Concerto para escolares de música popular galega"
|
1º, 2º e 3º
|
Vigo
|
Visita ós Bombeiros
|
2º, 3º e 4º
|
Vigo
|
Fábrica de conservas
|
Primaria
|
Vigo
|
Verbum. Casa das Palabras. Museo do mar
|
Primaria
|
Baiona
|
Visita a Baiona
|
Primaria
|
Belesar
|
Fábrica de Augasana
|
Primaria
|
Vigo
|
Faro de Vigo. Voz de Galicia
|
4º, 5º e 6º
|
Teatro Caixanova
|
"As formas da música"
|
5º
|
Illas Cíes
|
"Parque Natural das Illas Atlánticas"
|
6º
|
Cabeza de Manzaneda
|
Acampada con actividades ó aire libre durante cinco días.
|
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Son organizadas pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos e coa preceptiva aprobación do Consello Escolar.
Estas actividades desenvólvense no centro polas tardes de 4 a 6, utilizando aulas, patio, sala de usos múltiples ou nunha piscina próxima.
A empresa de transportes non realiza o tansporte dos nenos para as actividades da tarde.
Non obstante, e para determinadas actividades, autorízase a participación de antigos alumnos-as ou pais e nais, de tal xeito que o número de participantes faga viable unha actividade e non supoña menos atención ó propio alumnado do centro.
Así mesmo a Biblioteca da escola funcionará os luns, martes, mércores e xoves de 4 a 6 da tarde.
Está tamén previsto continuar coa participación nas competicións de Deporte Escolar nas modalidades de futbito e natación.
En futbito aistiremos ós torneos que nos inviten as diversas institución deportivas e culturais; tras o bo resultado que deu o ano anterior a participación neses torneos.
Para este curso, a ANPA propuxo a realización das seguintes actividades:
Para este curso, a ANPA propuxo a realización das seguintes actividades:
HORARIO
|
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
4 a 5
|
Futbito
Danza Oriental
|
Baloncesto
Teatro (4 a 5.30)
|
Inglés ( 4 a 5.30)
Lucha libre
Balonmano
|
Multideportiva
|
Piscina Ramallosa De4.30 a 5.15
|
5 a 6
|
Futbito
|
Baloncesto
|
Inglés de 5.30 a 7.00.
|
|
Pisicna -Tenis.
Monterreal
De 5 a 5.45
|
8 a 9
|
Aerobic adultos
|
|
Aerobic adultos
|
|
Aerobic adultos
|
A Biblioteca funciona o luns, martes, mércores e xoves.
As actividades comenzarán o próximo o día 1 de Outubro.
Os prezos son para os socios da Asociación de Nais e Pais de Alumnos.
FUTBITO, BALONCESTO, BALONMÁN E MULTIDEPORTIVA
Os prezos son de 18 € unha actividade e 30 € dúas por todo o curso. . Multideportiva para nenos e nenas de 4 a 8 anos. Futbito e Baloncesto para nenas e nenos de 7 a 12 anos.
Realizada polos monitores da Concellaría de Deportes do Concello de Baiona. Esta actividade debe pagarse no Concello. Multideporte e Futbito. Javier: 670 367 728. Pabellón:986 356 558
PISCINA
Piscina de Ramallosa custa 37 € de outubro a xaneiro.
Piscina Club de Tenis Monterreal custa 16 €/ mes (64 € de outubro a xaneiro).
Participación nos campionatos do deporte escolar. Lembrade levar toalla, gorro e chanclas.
TENIS
Precio 15 €/mes no C.T. Monterreal. ( 60 € de outubro a xaneiro). Posibilidade de facer un grupo fora do venres a partires de 3 anos nos martes
INGLÉS
Clases de 90 minutos. Prezo da mensualidade é de 20 € mes. Material alumno : 14 O primeiro mes 10 € máis para o material.
Teacher: Eva Estévez Rocha.
TEATRO
Clases de 90 min. Prexo 16 €. Mínimo de 8 nenos-as.
Monitora Mónica Costas, Técnica superios de Jardín de Infancia e educadora de disminuidos físicos e psíquicos.
DANZA ORIENTAL
Prezo 10 €. Monitora: Gloria Martínez Mata
LUCHA LIBRE OLÍMPICA
Clases de 90 minutos. Precio 10 € mes. Monitor Juan. M. López (Entrenador Nacional)
AEROBIC ADULTOS
Monitora Ana Fernández. Para máis información chamade a Carmucha (Tf.: 986350067)
NOTA
Comedor: Lembrámoslles os nenos-as que traian cepillo e pasta de dentes.
Comedor escolar
No Rexistro de entrada da correspondencia do colexio (Nº 863) con data 22 de Setembro de 2.003 recóllese a autorización expedida polo Delegado Provincial de Educación (Rexistro saída 008581 con data 26 marzo de 2.003 aprobando o funcionamento do Comedor escolar na modalidade de Catering (Empresa "El Canario").
O horario de comedor é de 13.50 a 16 horas contando con dúas personas responsables da empresa de cateríng.
Hai un grupo de nenos-as que son fixos toda a semana e outros apúntanse algúns días.
Horario de 13.50 a 16 horas.
Precios: 3,70 € menú.
A forma de pago sería na primeira semana do mes. Imprescindible ingresar a cuota na primeira semá senón non poderá acceder ó servicio. Concepto: nome do alumno-a e días do comedor que paga.
Ingresando os cartos na conta da Asosciación de Nais e Pais dos alumnos do Colexio de Belesar
CAIXANOVA: Nº CONTA: 2080 0072 73 0040005422
Inscripción:
Usuarios fixos: entregade a solicitude a directiva da A.N.P.A.
Usuarios ocasionais: comunicarllo o día anterior ás responsables do comedor.
Para dar de alta ou baixa no mesmo día chamar por teléfono antes das nove da mañá ó colexio e falar co Conserxe, Eduardo (Tf. 986 35 30 15)
Obxectivos
- - Desenvolver hábitos e actitudes saudables e hixiénicos no alumnado.
- - Garantir unha dieta sana e rica que favoreza a saúde e o crecemento.
- - Desenvolver o compañerismo, o respeto e a tolerancia.
- - Favorecer a organización da vida familiar cando o pai e a nai traballan.
- - Favorecer a continuidade da xornada escolar con actividades extraescolares.
Funcionamento
O Consello Escolar supervisará o funcionamento deste servicio xestionado pola directiva da Asociación de Nais e Pais de Alumnos para o que establece unha series de normas e funcions:.
- a) Tarefas das responsables do comedor:
- Atender e custodiar ós alumnos durante as comidas e o tempo anterior e posterior ás mesmas (13.50 ata 16.00). Resolver as incidencias que puideran presentarse durante este tempo. Ante un accidente chamar por teléfono á familia, avisar ó servicio de urxencia ou desplazarse ata o centro de saúde máis próximo.
- Entregar unha fotocopia do menú do mes ás familias anotadas.
- Prestar especial atención á labor educativa do comedor: adquisición de hábitos sociais e hixiénicos e a correcta utilización do menaxe do comedor.
- Unha vez finalizado o servicio de comedor, pasaremos a desenvolver actividades de descanso e recreativas organizadas polas responsables. Utilizarán os patios, a sala de Usos Múltiples e a Bilbioteca para o desenrolo destas actividades. Os responsables cuidaran que as instalacións queden ordenadas.
- Calquera outra función que a directiva da A.N.P.A e o Consello Escolar consideren necesaria para o bo funcionamento deste servicio.
- Manterán relacións correctas e respectuosas cos alumnos propiciando o diálogo, respecto e autoridade necearias para manter un bo ambiente.
- Presevarán a intimidade do comportamento de cada neno e das familias e do que suceda no comedor. Tratarán con cada familia directamente sin verter comentarios a persoas alleas.
- b) Tarefas dos nenos e nenas:
- Os alumnos repetarán e obedecerán ós responsables do comedor.
- Traerán da casa o necesario para manter a hixiene. Cepillo de dentes, pasta, toalla, peite, etc.
- Seguirán as normas das responsables: sentarse correctamente, comer despacio, falar baixo, non levantarse da mesa sen permiso.
- Aqueles nenos que se porten mal serán amonestados polo responsables do comedor. A reincidencia en faltas leves de comportamento ou faltas graves serán levadas ó Consello Escolar que tomará as decisións oportunas sobre eses comportamentos. Está reservado o dereito de admisión neste servicio
Se queres educar ben o teu fillo/a:
PROTÉXEO, non o cubras
ABRÍGAA, non a tapes
AXÚDAO, non o reemplaces
ÁMAA, non a idolatres
ACOMPÁÑAO ,non o leves
INCORPÓRAA, non a ailles
AMÓSALLE O PERIGO, non o aterrorices
ALENTAA NAS SÚAS ESPERANZAS, non a desencantes
NON LLE ESIXAS SER O MELLOR, pídelle que sexa bo
NON LLE PRODIGUES AMOR, dálle amor
NON A MANDES A ESTUDIAR, prepáralle o clima de estudio
NON LLE FABRIQUES UN CASTELO, vivide todos con naturalidade
NON LLE ENSINES A "SER", axúdao para que sexa "el" mesmo
NON LLE DEDIQUES A VIDA, vive a vida con el/ela.