YouTube @ceipbelesarbaiona | @ceip.belesar | Radio Belesar | Canle de WhatsApp |
Desde que nacemos somos palabras. Dórmennos e acúnannos con nanas cheas de palabras, aínda que descoñezamos a linguaxe verbal, cálmannos os llantos con palabras suaves; con cancións, adiviñas, poemas e retahílas ensinannos os números, as letras, os días da semana e o mundo que nos rodea. Ensínanos poemas na escola, oímos poemas na boca dos nosos pais...
Entrar no mundo da poesía é entrar na linguaxe máis estética, e dicir,as cousas da forma máis bella,é buscar sentimentos e emocións dentro de nós mesmos.
Os poemas imos compartilos cos nosos compañeiros, coa nosa familia para enchernos de palabras. Só necesitaremos un lapis e un papel ... todo o demais é maxia.
" Non importa que no poema o neno non entenda todo; Bastará que se encha de son e de sentido. Xa chegará outro momento no que os versos e as estrofas prendidas na memoria o impulsen á lectura e á comprensión persoal. Os poemas aprendidos, as estructuras rítmicas, as imaxes, invitárono a expresarse unindo a súa vos á súa memoria, transformando e inventando palabras e coplas da súa propia creación "
Juan Ramón Jiménez Premio Nobel de Literatura
Mostra de poemas feitos por Joaquín, Amaro e Belén de 6º:
NENOS DE CHOIVA Nenos de choiva,van ás apalpadas. Nenos de choiva,fillos do sol. Nenos de choiva,eternos vagantes. Nenos de choiva,cheos de nubes. Nenos de choiva,túzaros berros. Nenos de choiva dos homes da corteza, e dos campos do amor e da xusticia.
|
¡A CORRER! Batallas?... de flores ¿Fusis?... de papel ¿Canóns?...de mentira ¿Pantasmas?...sen pés ¿Sustos?... de merengue ¿Beliscos?... de mel ¿Cadeas?... de nubes ¿Monstros?... ¡a correr! |
OS DEZ CANS Dez eran os cans cruzando unha estrada. A un doeulle o rabo xa quedan nove. A outro doeulle unha pata, xa quedan oito. A un doeulle o nariz, xa quedan sete. A outro doeulle un dente, xa quedan seis. A un doeulle a lengua, xa quedan cinco. A outro doeulle a orella, xa quedan catro. A un doeulle o cú, xa quedan tres. A outro doeulle o ollo, xa quedan dous. A outro doeulle a espalda, xa queda un. E o can máis listo matouse a si mesmo. |
ANDORIÑAS Vanse vanse as andoriñas, voan voan sen parar, na procura doutras terras máis aló, aló do mar. Todas xuntas, pequechiñas. Todas xuntas, e da man. Sucan ceos, de colores. Andoriñas de cristal. |
MAREA Marea azul, alta marea, marea que refresca, marea que vai e ven, alí e aquí. Marea azul todo é marea, dende o sol ata lúa, dende o día ata a noite. Marea azul, pillavana e preguiceira, cunha marea cada día. |
|
Poemas feitos por Alex e Carme: ONDAS DO MAR Onda de bruma, fría de escuma. Onda salgada, bonita,delgada. Onda maravillosa, rosa ,fermosa. ESTRELAS Estrela que brila, estrela que voa, estrela que resoa. estrela de aloumiño coma os paxaros no niño. |
CAMIÑOS Camiños de andantes, camiños de amantes, de pedras namoradas e de herbas molladas. Camiño mareante, camiño abraiante, de frescas flores por onde andan os amores. Camiño de dulzura, camiño de amargura, non é como unha rúa de cidade ¡non a quero de verdade! |
O CEO No ceo da nube do vento naceu un cantar que foi parar o mar. No ceo da nube do val. |
|
Pais/Nais |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2019 |